Carriola.Marina Santiago (*).17.10.25
Os 17 e 18 de outubro, Parar la Guerra convoca 270 concentracións en todo o país e o 19 de outubro manifestación en Madrid para unha paz xusta e duradeira
O 29 de outubro do 2023, dende parar la guerra publicamos un manifesto por primeira vez denunciando o xenocidio en Palestina. Dous anos de loita nos que unímonos miles de activistas e profesionais de 140 organizacións que agora compartimos un lema común: Non ó Xenocidio. Por unha Paz Xusta. Palestina Libre. Alto ó Fogo Definitivo. Nin terrorismo, nin Xenocidio.
Nestes momentos nos que se firmou un acordo de paz, as organizacións de Parar la Guerra temos distintas posicións sobre o contido e os termos do posible acordo, mais temos unha cousa clara: que se deteñan os bombardeos e entre axuda humanitaria en Gaza é unha extraordinaria noticia porque cada vida importa, e apoiaremos calquera paso que leve a un alto ó fogo definitivo. Ó mesmo tempo esiximos unha paz estable, duradeira e xusta, de acordo co dereito internacional e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino.
Nas últimas semanas vimos como a indignación e a mobilización se estenderan no noso país e no mundo, e iso removeu absolutamente todo. Non se pode entender nada do que está a ocorrer sen a mobilización e a presión social.
Especialmente dende Parar La Guerra queremos transimitir á Flotilla o que xa é un clamor. O respaldo de toda a sociedade. Todo o noso agradecemento e apoio. A nosa posición é e foi clara: A Flotilla, e As Flotillas que virán, non se tocan.
Agora non temos que parar. Debemos facer das prazas do noso país un espazo en defensa da humanidade, a paz e a denuncia ó Xenocidio.
Por iso, os días 17 e 18 de outubro, Parar a Guerra sairá á rúa en todo o Estado por unha paz xunta e duradeira. Xa son 270 poboacións de todas as comunidades do noso país as que anunciaran concentracións para ese día. E o 19, o domingo en Madrid manifestación.
Chamamos a todas as organizacións, entidades e cidadanía en xeral a saír á ría o 17 de outubro ás 19h diante do concello de Marín para conseguir unha paz xusta e duradeira na que o rexeitamento ó xenocidio sexa un clamor que una sen distinción de ideoloxías, credos ou siglas.
(*) Representante de plataforma Parar la Guerra en Marín