Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A sede do Ateneo acolle ata o día 31 deste mes a exposición de Olalla Buceta “De camiño a Ítaca”

Carriola.Redacción.19.10.25

julio@carriola.es  

O Ateneo Santa Cecilia sigue acollendo importantesw exposicións de artistas dos m+ais variados estilos de pintura na súa sala de exposicións. Así, desde o pasado ventres e ata o día 31 deste mes de outubro a atista multidisciplinar Olalla Buceta López fai unha mostra da súa arte coa exposición “De camiño a Ítaca”

“E se as cidades non fosen lugares senón estados da alma?

Olalla López explica  que presenta “Unha serie de obras onde a arquitectura se disolve, os contornos se desvanecen e o urbano se volve emoción. Non hai rúas, nin edificios recoñecibles, exceptuando 4 localizacións: Vilagarcía, Carril, Ourense e Pontevedra, coa súa Ponte do Burgo e a Praza do Peirao.

Nos cadros desta autora destacan os trazos de espátula e a mestura directa dos acrílicos na tela xeran néboas de cor, ritmos que evocan construcións sen nome; podería ser unha torre, un castelo, unha muralla, unha ponte, unha fronteira, unha ruína, unha ría, un lugar posible de habitar, unha cidade soñada dos que dí que son Espazos en distintas horas do día, da noite, da brétema... en calma ou buliciosos, de soño ou recoñecibles... Non hai pretensión  ningunha de chegar a Ítaca senón de gozar do proceso, do traxecto.

A exposición esta aberta ao público ata o día 31 deste mes e poderase visitar no horario de 18 a 20,30 horas de luns a venres.

roslev