Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A ARMH presenta hoxe no Museo Torres o libro “Mauro” de Mikel Guerendiain

Carriola.ARMH.23.10.25

julio@carriola.es  

A ARMH de Marín presenta hoxe xoves no Museo Torres o libro Maurode Mikel Guerendiain, ás 20:00 h. no Museo Municipal Manuel Torres, acto de libre acceso para as persoas que queiran participar nesta presentación do libro.

Mauro é a primeira novela de Mikel Guerendiain, que nace da que está considerada unha das maiores evasións carcerarias de Europa: a fuga do penal franquista de San Cristóbal, en Pamplona, o 22 de maio de 1938. Arredor  de oitocentos presos participaron nela e moitos deles foron abatidos ou detidos nas horas seguintes, pero outros lograron escapar polos montes do norte de Navarra tentando chegar á fronteira con Francia. Durante días mantívose a cacería na que se viron envoltos non só os fuxidos e os perseguidores, senón tamén os habitantes deses pobos fronteirizos, que viron alteradas as súas vidas.

 Mikel Guerendiain Azpiroz, naceu en  Ciaurriz, Navarra, en 1983, é Licenciado en Historia pola Universidade de Navarra e na actualidade exerce como profesor de Xeografía

roslev