Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca nova edición das “Xornadas Micolóxicas” que comenzarán o próximo mércores

Carriola.A.S.C..26.10.25

julio@carriola.es  

O Ateneo Santa Cecilia de Marín anuncia a celebración das súas Xornadas Micolóxicas, un evento xa consolidado no outono marinense e dirixido a todas as persoas afeccionadas ao mundo dos fungos e cogomelos.

 O ciclo de conferencias terá lugar no local do Ateneo (Rúa do Forno, nº42, baixo) do 29 ao 31 de outubro, culminando cunha saída ao monte o 1 de novembro.

O obxectivo destas xornadas, organizadas coa colaboración da Deputación e o Concello de Marín, é ofrecer unha formación completa e de calidade, combinando a divulgación científica coa posta en valor do patrimonio micolóxico galego.

Programa 

As conferencias, todas ás 20:00 horas, contarán con persoas destacadas no sector:

  • Mércores, 29 de outubro: Celso Méndez Fraguas será o encargado de inaugurar as xornadas e presentar a guía deste ano.
  • Xoves, 30 de outubro: Intervención de Sandra Viñas Diz (CEO de MARE MONTE PREMIUM FUNGUS), quen falará sobre a "Innovación nas conservas de cogomelos e champiñóns".
  • Venres, 31 de outubro: O micólogo e presidente da Asociación MicolóxicaBRINCABOIS, Jaime B. Blanco Dios, impartirá unha charla titulada "Os champiñóns en Galicia".

Saída ao monte:

Como peche, o Sábado, 1 de novembro, terá lugar a tradicional Saída ao monte (en horario de mañá), unha actividade práctica onde as persoas participantes poderán identificar distintas clases de fungos no seu hábitat natural. O lugar e a hora exactos decidiranse entre o público asistente á charla do venres 31.

O Ateneo Santa Cecilia convida a toda a veciñanza de Marín e arredores a participar activamente neste encontro coa natureza e a cultura micolóxica, sendo a  asistencia e participación as Xornadas é gratuíta ata completar aforo.

roslev