Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“A doenza e a súa curación no tempo”, temática sobre a que xirarán este ano as “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro”

Carriola.rEDACCIÓN.06.11.25

julio@carriola.es   

A concelleira Beatriz Rodríguez presentou xunto ao Gonzalo Sancho, sobriño do célebre arqueólogo, presentaron a nova edición, que xa ten as inscricións abertas e cuio ciclo se desenrolará entre os días 24 e 28 deste mes ambos inclusive

A temática  das xornadas manterase nesta edición no sentido histórico pero terà unha orintación hacia a doenza e a súa curción, tratando  desde unha perspectiva a travès do tempo qu epermitirà comprender os avances da meicina e as enfermidades que tiveron que enfrontr as cociedades que nos precederon.

Acto de presentación

O evento que se desenrolarà entre os días 24 e 28, ambos inclusive, foi presentdo onte pola concelleira Beatriz Rodrívuyez na compaña de Gonzaño Sancho, sobriño do maxistral Antonio Blanco Freijeiro que sempre apoia coa súa presencia así como a de outros familiares do extinto mestre, este anual homenaxe que se lle fai coas xornadas que levan o seu nome en cuio contido nesta edición falarase da coexistencia da medicina oficial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión, e,  por suposto, que a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a valoración social do enfermo.

Beatriz Rodríguez manifestou que  Estas xornadas evidencian algo moi importante nos tempos que corren: que segue a haber interese polo estudo e a análise, pola búsqueda de respostas e polo aumento do coñecemento, porque sempre son un éxito e estou segura que así e revalidará, cun tema que ten un interese practicamente transversal a calquera ser humano”.

Inscricións

As persoas que desexen asistir a este interesante ciclo deberán facer a súa correspondente inscrición para unha mellor organización  e para elo deberàn empregar o correo electronico

xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com

PROGRAMA COMPLETO DAS “XORNADAS BLANCO FREIJEIRO 2025”

Luns 24/11/25. Presentación. 

20:00 h. Entrega da documentación e confirmación da inscrición. 

20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de Patrimonio Beatriz Rodríguez Gómez. 

Martes 25/11/25. 

"A vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica". 

20:00 h. Relator: Fernando Julio Ponte Hernando. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da Medicina na Facultade de Medicina da USC. Dende a medicina oficial tratará sobre unha das cuestións máis relevantes nesta disciplina: a vacinación. Nesta temática deterase nun fito da Historia da Medicina, como foi levar a principios do século XIX a vacina da varíola ao que naquel momento era a España de ultramar, nunha expedición que partiu de A Coruña. 

Mércores 26/11/25. 

"Os dous sistema de medicina popular". 

20:00 h. Relator: Xosé Ramón Mariño Ferro. Doutor de Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor titular de Antropoloxía Cultural da USC ata a súa xubilación. Tratará sobre a medicina popular no rural galego, ámbito no que ata mediados do século XX funcionan tres sistemas médicos: o científico ou académico; o humoral, que curaba doenzas físicas; e o bruxeril-relixioso. 

Xoves 27/11/25. 

"O tema da loucura na filosofía moderna e o pensamento contemporáneo". 

20:00 h. Relator: Benito Arbaizar Gil. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Ensino Secundario e Profesor Asociado no departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. Percorrido dende o século XVII ata o presente sobre o concepto da loucura, que non é algo obxectivo e inmutable e que depende de como o conciba a sociedade en cada época. 

Venres 28/11/25.

"Arqueoloxía da saúde, enfermidade e curación en Galicia". 

20:00 h.  Relatora: Olalla López Costas. Doutora en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada. Profesora da área de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora no Department of Archaeology and Classical Studies da Universidade de Estocolmo. A partires do estudo dos restos óseos de época romana e medieval é posible reconstruír o estilo de vida desas épocas, e coñecer as enfermidades que existiron nesas sociedades e os tratamentos que se aplicaron. 

21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Alcaldesa de Marín María Ramallo Vázquez. 

Domingo 30/11/25. 

"Obradoiro de plantas medicinais". Museo Municipal Manuel Torres, Avenida de Ourense 3.

11:30 h.  Relator: Francisco Javier Silva Pando. Doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Xefe do Departamento de Ecoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán ata a súa recente xubilación.   Lugar de celebración: Biblioteca Municipal "Vidal Pazos", Avenida de Ourense 6, 36900 Marín.

Información e inscrición (gratuíta): xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com www.concellodemarin.es

roslev