Carriola.Redacción.09.11.25
A quinta edición da MAC-Marín “Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín” einventase coa creación dun novo personaxe que servirá de emblema durante a campaña de promoción do festival, que xa ten delimitadas as datas das súas xornadas entre o 18 e o 22 de agosto de 2026.
O creador e director do ciclo, Daniel Antelo, que nas catro edicións anteriores utilizou o emblemático sombreiro de Jonh Balan como símbolo, explica que o motivo do cambio é “Ofrecer unha imaxe renovada na que pretendemos acadar o obxectivo de que esta sexa a edición máis participada das celebradas ata o momento”.
“A serea representa o mar, pero ao mesmo tempo representa a cultura galega. É facilmente recoñecible porque está moi ligada á tradición e á mitoloxía de case todos os recunchos do mundo”, explicou o director do festival, Daniel Antelo. “Neste sentido, será un punto que fará que o noso festival resulte máis atractivo de cara ao exterior”.
Unha serea; o mar...Marín
Antelo presentou recentemente o novo símbolo que se mantivo en segredo ata o acto celebrado hai uns días no Museo Torres e en declaracións a Carriola explicou que se decidiu a denominación de “Marinela” considerando que - dixo - “Era o que mellor reflectía as raíces de Marín entre as diferentes opcións que se barallaron e, como non tiñamos referencias do nome da serea de Mogor, inventámonos este de Marinela co que rediseñamos o logotipo que combina tons amarelos, turquesas e verdes escuros, en alusión ao mar, á praia e ao monte mariñense representando ao noso concello, a nosa identidade e, ao mesmo tempo, con cores que podemos atopar ao longo de toda Galicia”.

“A serea Marinela convértese así no novo símbolo do certame, tanto na súa imaxe gráfica como no deseño do trofeo oficial, unha reinterpretación artística do mito que conecta a esencia local coa proxección internacional do festival” engadiuo o director do evento.
Un festival en crecemento
Ao longo dos catro anos en que se leva celebrando o MAC Marín, é innegable a súa proxección como o demostra os apadrinamentos de destacados actores e actrices do cine galego. Antelo está orgulloso desa liña ascendente porque, - dí “Durante as catro edicións celebradas, a MAC Marín conseguiu consolidarse como un punto de encontro entre a creación local e o mercado audiovisual. A pasada edición, celebrada en agosto, reuniu un total de 400 producións participantes de distintos países, na súa maioría curtametraxes e webseries: 334 e 42 respectivamente e podemos presumir de que, entre os títulos premiados, destacaron Ìsulas de s’ìsula, do realizador italiano Lorenzo Sibiriu (Mellor Longametraxe); Nur Sultan, do vigués Xoán Escudero (Mellor Curtametraxe); e Nas ondas do tempo, do mariñense Adrián Porima (Premio do Público) e eso nos da pé a pensar que a liña do certame e ascendente no interés e na participación e forza para traballar durante o ano para elo”.
Novas narrativas e Ficción Sonora sen medo a IA
Fiel ao seu espírito innovador, a MAC Marín seguirá explorando as novas narrativas dixitais e o papel da Intelixencia Artificial na creación artística. Antelo de la Puente comenta ao respeto “Non vemos a intelixencia artificial como un inimigo, sempre que se respecte eticamente o traballo do sector creativo e, entre as novidades de 2026, podo destacar a incorporación do formato de ficción sonora á competición do festival, un xénero que vive un grande auxe en España e que acolleremos por primeira vez pero, a programación continuará incluíndo, ademais, os formatos tradicionais de curta e longametraxe”.
Longa vida ao MAC Marín que nos ven facendo presenten nos acontecementos audiovisuais en todas partes non en van o traballo de Dani Antelo e os seus compañeiros é exahustivo mirando polo progreso do evento, coa nova imaxe da “Marinela” por diante e a lembranza perenne do que ata aquí representou a de Jonh Balan e o seu histórico sombreiro.