Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Pleno da Corporación Municipal adxudicará mañán o contrato do servicio da recollida do lixo

Carriola.Redacción.12.11.25

julio@carriola.es   

Cinco puntos de debate contén o orden do día do Pleno da Corporación Municipal ao marxen dos habituais de aprobación das actas anteriores e postas en coñecemento de resolucións da alcaldía, acordos da Xunta de Goberno e reparos diversos de Intervención

E trala aprobación das actas anteriores, se procede correspondentes aos plenos dos  días 9 e 24 de outubro, o primeiro asunto a tratar será o tratamento poa corporación da Declaración Institucional do Concello de Marín sobre o Día Internacional contra a violencia de Xénero" ao abeiro das achegas da Mesa contra a violencia de xénero e do Consello Municipal da Muller -

Senda O Pazo - Ardán: convenio expropiatorio

O Pleno estudiará o  Ditame da Comisión Informativa de Medio Rural en relación co informeproposta de Secretaría sobre a Aprobación definitiva do convenio expropiatorio formalizado por mutuo acordo e do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución de planeamento: senda peonil na estrada de O Pazo, Ardán"  

Medio ambiente

E, un dos asuntos de maior calado desta sesión plenaria será o tratamento do Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade en relación coa proposta da concelleira delegada da área relativa á Adxudicación do contrato do servizo de recollida de residuos urbanos no Concello de Marín, tema de considerable importancia que xa tivo tratamento nas anteriores sesións nas que PP e PSOE aprobaron inicialmente o contido do contrato co voto en contra do BNG , que nesta nova sesión dará un paso mais para a sua efectividades definitiva

Mocións do PSOE

A orde do día deste pleno contén duas mocións presentadas polo PSOE. Na primeira delas verase  o “Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade en relación coa proposta socialisdta da adquisición dunha máquina decapadora para mellorar a limpeza das rúas de Marín , e na outra tratarase a proposta do grupo municipal do PSOE solicitando “Os trámites necesarios coa empresa titular da liña eléctrica de media tensión entre o colexio do Sequelo e o transformador de Ponte Zapal, co obxectivo do seu soterramento

Como é preceptivo, o Pleno Ordinario rematará co tratamento dos rogos e preguntas

roslev