Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O colectivo “Monte Pituco” celebra as novenas xornadas de defensa e posta en valor do Patrimonio de San Xian

Carriola.Redacción.17.11.25

julio@carriola.es   

Cándido Martínez, da “Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo”; Claudio Quintillán, do “Instituto Galego das Terras Comunitaria”s; Benito Andrade, da “Asociación pola Defensa da Ría”; e Noela Carrera Pérez, do “CIF Lourizán” interviron este fin de semana no acto convocado por “Monte Pituco” , asociación marinense que considerou necesaria a súa participación tralos dous incendios forestais que afectaron os montes Pornedo e Penizas este pasado mes de xullo. “Era necesario escoitar voces expertas e contrastadas que analizaran a situación do monte, que puxeran o foco sobre as eivas e as debilidades ás que cómpre poñer solucións urxentes e niso consistiron as intervencións dos devantitos participantes no acto celebrado no Museo Torres o pasado sábado cuio contido pódese consultar no resumo que aparece na web do Monte Pituco”, manifestaron dende o colectivo organziador

Homenaxe de recordo a Xan Montenegro

Asistentes ante o monumento a Xan Montenegro

Por outra banda, onte domingo, “Día do Patrimonio Mundial”, tivo lugar a homenase de lembranza a Xan Montenegro acto organizado polas súas amizades ante o monumento levantado á memoria do sempre ben recordado Xan, gran defensor das causas xustas e especialmente aquelas que afectaban á veciñanza en calquera aspecto. 

Ruta de senderismo o próximo sábado

“Monte Pituco” recorda  finalmente que As IX Xornadas de defensa e posta en valor do patrimonio de San Xián concluirán cunha ruta de sendeirismo na que se visitarán algúns dos xacementos arqueolóxicos da parroquia. Será o próximo sábado a partir das 10 horas dende a arboreda do Pornedo, se o tempo acompaña.

 

roslev