Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo presenta no instituto Illa de Tambo a obra teatral “Resart -Residencia de Artistas” do grupo Lúa Chea

Carriola.Redacción.18.11.25

julio@carriola.es    

O Ateneo Santa Cecilia, co apoio da Deputación Provincial, organiza unha sesión de teatro que terá lugar no paraninfo do instituto Illa de Tambo o próximo venres coa presentación da compañía de Poio “Lúa Chea”  que porá en escena a obra “Resart - Residencia de artistas”

“Resart - Residencia de Artistas” é o título da obra de teatro que se poderá ver no paraninfo do instituto “Illa de Tambo”, actividade promovida polo Ateneo Santa Cecilia co apoio da Deputacion Provincial.

“Trátase - segundo indican desde o Ateneo - dunha comedia emotiva musical sen música, a cargo do grupo de teatro “Lúa Chea” de Poio cuia representación será o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas con acceso libre ata completar o aforo da sala”

Pequena sinopse da obra:

O contido da obra, explica Celso Méndez, presidente do Ateneo marinense,  xira sobre  a situación Das persoas sobreviventes do grupo Lúa chea dentro de 25 anos que están nunha residencia de maiores, pero para elas a súa vida segue sendo o teatro e están dispostas a todo para seguir coas súas rutinas de ensaios e sentirse vivas enriba do escenario.”

roslev