Carriola.Redacción.21.11.25
O paraninfo do instituto “Illa de Tambo” acolle hoxe a representación da obra de teatro “Resart; Residencia de Artistas”, como un primeiro acto da celebración do 73 aniversario da fundación do Ateneo Santa Cecilia que mañán culminará o programa cunha importante actuación musical no Templo Vello
O Ateneo Santa Cecilia, que conta coa colaboración da Deputación Provincial, convida a todo o público á representación da obra referida que é unha comedia emotiva musical sen música, a cargo do grupo de teatro “Lúa Chea” de Poio.
A función dará comenzo ás oito da tarde no auditorio do Illa de Tambo e a entrada é de balde e ata completar o aforo.