Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O cuarteto “Cuerdas Atlánticas” actúa hoxe no Templo Antigo no acto de celebración do 73 aniversario do Ateneo

Carriola.Redacción.22.11.25

julio@carriola.es   

O Templo Vello acolle esta tarde o concerto do grupo “Cuerdas Atlánticas” co que o Ateneo SantaCecilia celebra, por un lado, o día precisamente de Santa Cecilia e, por outro o 73 aniversario da súa fundación que naceu como “Asociación de Cultura y Arte Santa Cecilia” , tamén cun concerto no mesmo recinto, hay máis de sete décadas

A actuación do cuarteto de corda dará comenzo ás oito e media da tarde co que os moitos aficionados á música, e concretamente a este xénero musical, terán unha boa ocasión de disfrutar do o concerto co que o Ateneo Santa Cecilia, co apoio da Deputación Provincial, tamén celebra o seu setenta e tres aniversario.

“Cuerdas Atlánticas” ofrecerá un repertorio especialmente deseñado para esta xornada entre cuias pezas musicais a interpretar están temas como  “Por una Cabeza” de Carlos Gardel, “She” de Elvis Costello, “Gladiator  The Battle & Now We are free” de Hans Zimmer ou “Viva la vida” de Coldplay, entre outras.

Recoñecemento aos socios veteranos

Unha parte especialmente emotiva desta xornada cada ano é o recoñecemento que o Ateneo fai aos seus socios que máis tempo levan como tales nas listas da entidade as cales recibirán un agasallo de recordo pola súa fidelidade de tantos anos en apoio da primeira asociación cultural marinense.

A entrada ao concerto será libre e gratuita ata completar o aforo que, para un espectáculo así no é moito e esperemos que sexa o derradeiro ano en que se celebre este e outros actos importantes da vila aquí xaque estamos a punto de recibir o novo auditorio polo que tanto esperamos.

roslev