Carriola.Redacción.25.11.25
El Salón de Plenos del Ayuntamiento de Marín acogió este mediodía el solemne acto de entrega de los premios “Lazo Azul”, en presencia de las representantes de los servicios premiados y numerosas autoridades y representaciones políticas, policiales y personal de la dirección médica y enfermería de Pontevedra que acompañaban a los servicios galardonados
El premio “Lazo Violeta 2025” concedido por el “Consello Municipal da Muller do Concello de Marín” por decisión unánime de sus componentes, fue este año par el equipo de profesionales de Atención Primaria que desarrollan su labor en atención sociocomunitaria con mención especial al servicio de Enfermería, Trabajo Social y Matronas en la unidad de Atención Primaria de Marín y en el consultorio de Seixo , atendiendo a la labor que desarrollan en la atención multidisciplinar en activos de salud en las mujeres y en coordinación con los Servicios Sociales Comunitarios Específicos (CIM) del municipio marinense.

ENTREGA DE LOS PREMIOS.
Marián Sánchez, responsable del CIM marinense fue la encargada de llamar a las personas relacioadas en la decisión del Consello da Muller para hacerles entrega del galardón del Lazo Violeta 2025:
* Teresa del Carmen Gómrez Cerqueiro, Jefa del servicio de Atención Primaria
* Carmen González Periáñez, Coordinadora de Enfermería
* María Dolores Rodríguez García, Matrona
* Fátima Crespo de la Torre, Fisioterapeuta .
* Patricia Costas Ramírez, Trabajadora Social, que forma parte de la Mesa Técnica de Traballo contra a Violencia de Xénero que se encontraba ausente por motivos personales
DISCURSO DE LA ALCALDESA

Previamente a la entrega de los premios, inició el acto la alcaldesa María Ramallo para dirigirse a los asistentes con el siguiente discurso tras saludar a las autoridades y personas presenten en la sala:
“Existe unha violencia que se exerce contra as mulleres polo mero feito de selo, que fai das mulleres cidadás de segundo orde, invalidando a súa propia identidade. O exercicio da violencia ten moitas caras, algunhas máis achegadas á nosa sociedade e outras que son realidades diarias noutros lugares do mundo.
A violencia pode aparecer nas relacións de parella, nas nenas que son obrigadas a matrimonios forzados, na mutilación xenital feminina, a submisión química, nas violacións en manada, no acoso laboral por razón de sexo ou dentro das pantallas, onde o ciberacoso campa as súas anchas. A través da dixitalización da violencia, exércese un control maior sen necesidade de estar presente, provocando unha terrible indefensión nas vítimas, cada vez máis novas.
É necesario mirar de cara a esta realidade e rexeitar de forma contundente calquera acto violento por moi sutil que pareza, pois supón unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres.
Segundo datos da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do ano 2025, 38 mulleres e 3 menores foron asasinados por esta causa. Dende 2013, 65 vidas de menores de idade foron arrebatadas. A violencia de xénero, ademais, deixou en situación de orfandade a 20 menores en 2025 e a 4.899, dende o ano 2013.
Non son só estatísticas arrepiantes, son historias de vida truncadas por agresores que cren que as mulleres son obxectos da súa propiedade, dispoñendo incluso do más valioso que temos os seres humanos, a nosa propia vida. Somos responsables como sociedade de educar en igualdade nas familias, de sensibilizar a nosa contorna e como administración pública de dotar de recursos de prevención e intervención efectivos contra esta lacra. O obxectivo común será sempre construír unha sociedade xusta e igualitaria.
Os Premios Municipais “Lazo Violeta” do Concello de Marín, foron creados para dar visibilidade a entidades e persoas que co seu traballo contribuíron a fomentar a igualdade e a loitar contra a violencia de xénero. Estes premios representan o agradecemento do noso concello polo seu labor na procura dun mundo onde non caben as desigualdades, un traballo en rede que mellora a vida das mulleres e das súas familias proporcionando un sostén para reconstruír as súas historias dende o ámbito policial, sanitario, xudicial, social e asistencial”.
MINUTO DE SILECIO
Antes de rematar sus palabras, Maria Ramallo llamó a los asistentes a compartir un minuto de silencio por las víctimas de violencia machista:
“Non podemos esquecer a todas aquelas mulleres que foron asasinadas, así como ás nenas e nenos asasinados por violencia vicaria. Por iso, mostrándolles o noso total apoio, prégovos que gardemos un minuto de silencio”.
LECTURA DE LA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL.
Tras la intervención inicial de la alcaldesa y después del acto de entrega de los premios, se procedió a la lectura de la Declaración Institucional elaborada por el Consello Local y ratificada por la unanimidad del Pleno Municipal, momento que protagonizó

Carmen Gigán Cando, enfermera de Pediatría en el Centro de Salud marinense. Cuyo contrenido fue el siguiente:
“O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Calquera acto que atenta contra a dignidade, a integridade física e moral das mulleres polo mero feito de selo define este tipo de violencia. É unha manifestación da discriminación e a desigualdade de poder entre homes e mulleres. Representa un grave problema de saúde pública e unha violación dos dereitos humanos, polo que a súa erradicación é a nosa responsabilidade como sociedade.
No exercicio da violencia contra as mulleres, toma especial relevancia a crecente violencia dixital, o ciberacoso, a sextorsión e a difusión de imaxes íntimas non consentidas, da que as mulleres son as principais vítimas. Estas condutas revelan desigualdades estruturais que é preciso seguir abordando con urxencia. É prioritario establecer políticas públicas que garantan unha contorna dixital máis segura, un uso responsable das novas tecnoloxías, proporcionar apoio ás vítimas e fomentar a educación dende as familias e os centros escolares como colaboradores esenciais.
É de suma importancia que toda a cidadanía e especialmente as vítimas de violencia machista coñezan os servizos que existen para poder informarse sobre os seus dereitos e recibir un adecuado apoio e asistencia. A responsabilidade é compartida por todos os organismos que traballan para garantir unha adecuada atención, e como tal deberán adoptar as medidas necesarias para facilitar ese camiño.
A falla de recursos asistenciais en mulleres que presentan múltiples problemáticas asociadas coa violencia de xénero, como condutas aditivas, discapacidade e saúde mental, pon en risco a súa integridade e favorece a súa discriminación, polo que é necesario abordar os casos de maneira integral creando espazos de recuperación.
Os servizos que desenvolven o seu labor no ámbito da violencia machista necesitan ser dotados dun maior número de profesionais e medios para mellorar a calidade da asistencia que prestan.
Non podemos deixar de denunciar o alarmante incremento de distintos tipos de violencia amparado en discursos de odio e particularmente a violencia sexual contra as mulleres e as nenas.
É necesario formar á cidadanía en masculinidades igualitarias para lograr relacións saudables distintas ás impostas polo patriarcado.
Amosamos o noso rexeitamento ante calquera intento de manipulación que pretenda vulnerar dereitos xa adquiridos polas mulleres, como o dereito ao aborto, xa que estes son o mellor exemplo da conquista social en materia de igualdade na que debemos seguir traballando.
Para rematar coas desigualdades entre homes e mulleres necesitamos do labor conxunto no ámbito educativo, familiar, os medios de comunicación, as administracións e a sociedade.
Agora máis que nunca, consideramos imprescindible insistir na necesidade de desenvolver políticas didácticas e de sensibilización sobre o que é realmente a violencia de xénero, como se manifesta, e cales son as ferramentas para previla e combatela.
Polo tanto, con esta declaración denunciamos que, a pesar dos avances acadados, a violencia de xénero segue a ser unha lacra na nosa sociedade, polo que é preciso seguir apoiando con firmeza medidas efectivas e reais que traballen en prol da súa erradicación e da igualdade entre homes e mulleres.
AGRADECIMIENTOS
La alcaldesa cerró el acto institucional agradeciendo a las personas galardonadas asegurando que “ O seu traballo cotiá é fundamental e serve como exemplo de que todos os sectores, dende a sanidade ata a educación, pasando polas administracións ou as forzas e corpos de seguridade, temos un papel que exercer na loita contra a violencia machista. Temos que continuar traballando conxuntamente para loitar contra esta lacra”.
Terminado el acto las personas asistentes recogieron a modo de sensibilización de esta jornada tan especial en la lucha contra la violencia machista, bolsas con una ilustración alegórica realizada por María Lapido representando cuerpos de mujeres adaptados a distitnos espacios y a las violencias que allí se producen incidiendo en las violencias digitales.