Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Bióloga Marina Lucía Jiménez falará sobre “Cabaliños de Mar” no Museo Torres nun acto organizado polo Museo do Mar

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

O Museo do Mar organiza un acto no Museo Torres no que intervirá a bióloga marina Lucía Jiménez Álvarez quen, o próximo sábado ás 11,30 falará sobre “Fanerógamas Mariñas e Cabaliños de Mar”

Pasado mañán, sábado, o salón de actos do Museo Torres acollerá un acto de conferencia coloquio protagonizada pola bióloga mariña, Lucía Jiménez Álvarez, instrutora de mergullo que, desde a súa chegada a Galicia hay ano e medio, ven explorando os fondos mariños das rías galegas que, segundo asegura, a teñen namorada na comprobación das diferenzas existenes cos da zona andaluza tendo descubertas novas especies e distintas cores a aínda a temperatura das augas  desta zona galega.

Lucía descubriu ao longo do pasado verán un dos animais máis curiosos e fascinantes dos que viven no noso litoral como son el “Cabalios do Mar” e da súa sorpresa xurdiu a idea de organizar esta charla para dar a coñecer estes seres que caolifica de “maravillosos” que, con toda seguiridade, son ata descoñecidos para moitos veciños deste entorno aos que a relatora tentará de convencer da importancia de protexelos.

“Os cabaliños do mar - adianta Lucía - viven sobre todo nas pradeiras de zosera, unha pranta mariña frecuentemente confundida con algas que está presente en Gañicia ainda que sufrindo un claro declive a pesar do seu enorme valor ecolóxico para o equilibrio dos sistemas mariños”

A bióloga andaluza recorda que, para protexer  coidar, primeiro hai que coñecer e será ese o sentido da súa charla coloquio á que invita a asistir a quen queira mergullarse con ela  no fascinante mundo destes animáis e deas nosas rías.

roslev