Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello instala máis de trinta novas balizas de sinalización turística con código QR de información aos visitantes

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo

A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan.

Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.

Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es

Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:

Patrimonio Cultural:

- Praza de Abastos

- Museo Municipal Manuel Torres

- Museo do Mar

- Paseo Alcalde Blanco

- Capela das Sete Espadas

- Templo Vello + casco antigo de Marín

- Igrexa de Santa María do Campo

- Igrexa de Santa María do Porto

- Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea

- Igrexa de Santa María de Ardán

- Igrexa de Santomé de Piñeiro

- Igrexa de San Xulián

- Igrexa de San Diego

- Igrexa de Seixo

- Igrexa Evanxélica de Seixo

- Igrexa Evanxélica de Marín

 

Costa:

- Praia de Portocelo

- Praia de Mogor

- Praia de Aguete

- Praia de Loira

- Praia do Santo

- Praia da Coviña

- Praia de Ribeira

Espazos Verdes:

- Finca de Briz

- Lago de Castiñeiras

- Fervenzas de Neibó

- Parque da Brea

- Miradoiro de Portocelo

- Miradoiro de Mogor

- Miradoiro de Pastoriza

- Miradoiro do Cruceiro do Vento

- Miradoiro da Moreira

- Miradoiro da Teoira

Arte rupestre:

- Petróglifos de Mogor

- Menhir de Currás

O Castro da Subidá  xa conta cunha sinaléctica turística renovada polo que  neles non se fixo colocación dunha baliza

roslev