Carriola.Redacción.28.11.25
As Xornads Blanco Freijeiro que están na súa vixésimo cuarta edición finalizarán no que ás conferencias de refire, hoxe pola tarde coa intervención da doutora Olalla López Costas pero ainda restará unha interesante sesión para o domingo pola mañán que desenrolará no Museo Torres un obradoiro de plantas medicinais
Crecente está sendo o interés do ciclo “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro” no que se refire a asistencia de persoas ás charlas desenroladas ao longo desta semana. Concretamente na de onte o salón do Museo estivo moi concorrido para escoitar a disertación do doutor

Fernando Ponte Hernando quen falou sobre a vacinación en Galicia e o que supuxo a Real Expedición Filantrópica, tema no que participaron os asistentes tanto na escoita coma no coloquio final.
Hoxe “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curanción en Galicia”
Para esta tarde no que será o remate do ciclo de conferencias, está prevista a intervención da doutora en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada, Olalla López Costas e o tema sobre o que disertará será “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curación en Galicia”. Coma todas as sesións precedentes, o acto dará comenso ás oito da tarde e, ao remate da charla e o coloquio posterior, procederase á clausura das xornadas coa entrega de diplomas aos asistentes contándose coa presencia da alcaldesa María Ramallo.
Obradoiro de Plantas Medicinais o domingo
Pero non finalizará todo o contido do curso hoxe porque, para o domingo ás 11,30 da mañán, no Museo Torres, está programado o acto final que será un “Obradoiro de Plantas medicinais” baixo a dirección do doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de madrid, Francisco Javier Silva Pando.