Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Praza de Abastos pon en marcha a “Campaña de Nadal” el próximo martes con sorteo de 8 cestas de Navidad

Carriola.Redacción.06.12.25

julio@carriola.es   

Xa é tradición que os vendedores da Praza de Abastos promovan a súa campaña de Nadal co sorteo de cestas de productos propios desta época mediante rifas que se recibirán nos postos asociados polas compras efectuadas

O colectivo comercial de vendedores da Praza Municipal de Abastos comunicou onte mediante unha nota remitida que “O día 9 de decembro poremos en marcha a campaña de nadal, a través da cal se repartirán preto de 10.000 rifas entre aqueles clientes que realicen algunha compra en calquera dos postos asociados, durante estas datas tan significativas e, unha vez cumplimentadas, deberán ser depositadas na urna que se habilitou para tal fin ata o  martes 23 de decembro ás 10 horas en que celebraremos o sorteo das  8 Cestas de Nadal, entregándose as todas elas ás 13 horas do mesmo día

Decoración e agradecemento

Por outra banda, lembran que, “Con motivo destas datas, a Asociación da Praza de Abastos de Marín decorou os postos asociados e o conxunto da praza, para crear un ambiente especial e queremos agradecer a colaboración que nos brindou o Concello de Marín no tocante á decoración de nadal, e á Xunta de Galicia para poder poñer en marcha a campaña

roslev