Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

PENSANDO EN ALTO: Luces de Nadal

Carriola. 10.12.25.

julio@carriola.es.

O SILENCIO LUMINOSO DAS ALDEAS

José Iglesias

Vivindo no rural de Marín, un acaba desenvolvendo unha especie de vista periférica emocional: esa capacidade de mirar arredor e decatarse de cousas que, no casco urbano, pásanse por alto entre tanta présa e tanta led luminosa.

Porque iso é precisamente o que acontece nestas datas. Baixas ao centro e alí todo brila cunha intensidade que case rivaliza co propio sol. Rúas iluminadas coma avenidas de Nova York, árbores que latexan ao ritmo dun Nadal coreografado, prazas convertidas en pequenas galaxias eléctricas. Todo moi bonito, si.

Pero logo voltas ao rural… e o contraste é tan grande que parece unha broma cósmica.
Aquí, as luces do Nadal brillan, si…
Pero brillan pola súa ausencia.

Case como se Papá Noel, os Reis Magos ou quen lle toque repartir ilusión nestas datas, tivesen un GPS con avaría e só localizasen as coordenadas urbanas. Ou como alguén decidise que no rural non fai falta tanta iluminación porque total, "somos poucos e non imos notar a diferenza".

E claro que a notamos.

Por iso, este ano sentín a necesidade de enviar unha mensaxe tranquilizadora aos rapaces do rural, que ainda que sexan poucos, son igual de imprescindibles:
non vos preocupedes. Van vir igual.
As luces non son un requisito imprescindible pra que Papá Noel aterrice co trineo nin para que os Reis Magos baixen dos camelos. Eles saben perfectamente onde queda cada casa, cada aldeíña, cada curruncho onde alguén espera cun vaso de leite, unas bolachas  e coa ilusión intacta.

Porque os nenos do rural portáronse igual de ben ca os do casco urbano.
—Ou igual de mal, que a igualdade tamén é iso—.

E esa é, ao final, a mellor reflexión:
as luces poden faltar, pero o espírito non.
E o Nadal, cando é verdadeiro, non se acende cun interruptor municipal:
acéndese desde dentro.

Saudos Rurales

 

roslev