Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG pedirá no Pleno de hoxe a conexión do Colexio de Ardán ao servicio de abastecemento de auga potable

Carriola.Redacción.11.12.25

julio@carriola.es   

“Non é asumible - declara Lucía Santos, do BNG -que o centro máis novo do concello continúe sen un servizo básico de abastecemento de auga; o CEIP de Ardán merece o mesmo trato e os mesmos recursos ca calquera outro colexio de Marín”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentará, na  sesión plenaria de hoxe xoves 11 de decembro, unha moción para demandar a conexión inmediata do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Ardán á rede municipal de abastecemento de auga, co obxectivo de garantir un servizo básico e imprescindible que o centro leva anos reclamando.

Lucía Santos nun Pleno anterior

Segundo manifesta a portavoz do grupo municipal do Bloque,O CEIP de Ardán depende actualmente dun pozo que resulta insuficiente, especialmente coa chegada da primavera, cando o caudal diminúe e provoca interrupcións no servizo, problemas que afectan de maneira directa ao funcionamento diario do colexio, á hixiene do alumnado e ao servizo de comedor escolar, fundamental para moitas familias. Engade Santos Omil que A situación é especialmente grave tendo en conta que, antes da pandemia, unha inspección sanitaria detectou importantes deficiencias no sistema de subministro e chegou a impoñer unha sanción ao centro educativo, sen que isto motivase unha solución definitiva por parte do Concello.

Medidas que recolle a proposta do BNG ao Pleno

A moción da formación nacionalista recolle dúas medidas principais: Por unha banda, insta ao goberno local a realizar a conexión definitiva do CEIP de Ardán á rede municipal de abastecemento para garantir un subministro constante e seguro e, por outra, mentres non se execute esta actuación, instalar depósitos de almacenamento e sistemas provisionais que aseguren o abastecemento continuo e eviten novos episodios de falta de auga no centro.

Cuestión de  responsabilidade e de igualdade

A portavoz do grupo nacionalista enende que Para o BNG, resolver esta situación é unha cuestión de responsabilidade municipal e unha actuación claramente prioritaria para garantir a igualdade entre o alumnado de todas as parroquias pois nNon é asumible que un dos centros máis recentes en construírse, con máis de trinta anos de actividade, continúe sen un servizo básico de abastecemento de auga porque,  O CEIP de Ardán, merece recibir o mesmo trato e os mesmos recursos ca calquera outro centro escolar de Marín”.

roslev