Carriola.Ateneo S.Cecilia.14.12.25
Dentro da programación cultural e de lecer dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no seu novo ciclo de "MAN-UALIDADES". Trátase dunha serie de tres obradoiros temáticos deseñados para fomentar a creatividade e o aproveitamento de materiais durante as vacacións escolares.
O Calendario da actividade especialmente diseñada para as próximas datas de lecer navideño, dirixidos a nenos e nenas a partir de 7 anos, se compón de tres días e da seguinte forma:
- Luns, 29 de decembrode 2025: Temática "Outono", onde se realizarán creacións inspiradas nesta estación e na natureza.
- Martes, 30 de decembrode 2025: Temática "Instrumentos Musicais", un obradoiro divertido para construír e decorar os seus propios instrumentos.
- Xoves, 2 de xaneiro de 2026: Temática "Agasallos Nadal", ideal para preparar detalles artesanais para a recta final das festas.
Inscricións e prazas limitadas
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse con antelación, podendo formalizar a inscrición a través de tres vías:
- Presencialmente: No local do Ateneo, de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.
- Por teléfono: Chamando ao 698171276 no mesmo horario (tamén dispoñible para consultas).
- Por correo electrónico:Escribindo a ateneosantacecilia@gmail.com
Seguindo a filosofía da entidade, terán preferencia os fillos e fillas das persoas socias do Ateneo, que poderán participar de balde, mentras que, para os nenos e nenas non socios/as, a cota de inscrición é de 8€ por participante, tendo en conta que, no caso de inscribirse dous ou máis irmáns/irmás, o prezo reducido será de 5€ cada un/a.
En todos os talleres procurarase fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade, aproveitando, na medida do posible, materiais de refugallo para darlles unha segunda vida a través da arte.
Desde o Ateneo Santa Cecilia animamos a todas as familias de Marín e arredores a achegarse e participar nesta proposta lúdica, pensada para que a rapazada goce do Nadal dun xeito creativo e en compañía. eo, de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas