Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A “Plataforma Seixo-Marín” participa hoxe na concentración de “SOS Sanidade” diante do Parlamento Galego

Carriola.Iria Aboi (*).16.12.25

julio@carriola.es   

Iria Aboi

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que hoxe martes, 16 de decembro, participará da concentración convocada por SOS Sanidade Pública diante do Parlamento Galego en Santiago para protestar “contra uns orzamentos da Xunta para 2026 que afondan nos recortes e privatizacións e que non destinan nin un só euro ás necesidades sanitarias que temos en Marín”.

Dende outubro, o xerente da área Pontevedra-O Salnés, Flores, e o Conselleiro Caamaño, anunciaron partidas para reformar ou construír centros de saúde na nosa área con cargo aos orzamentos da Xunta para 2026, pero detectamos que non había nin unha soa partida específica para atender as importantes necesidades que temos en Marín.

O 9 de novembro fixemos pública unha lista con aquelas necesidades máis importantes, tanto de carácter estrutural como de falta de persoal que seguen a ser desatendidas. No referido ao Centro de Saúde de Marín, é necesario a arranxo do boquete existente na zona do PAC e tamén o reforzo do equipo electróxeno como reclamamos dende outubro de 2023 porque o actual só cobre a metade das necesidades do centro de saúde de Marín cando se vai a luz e quedan as consultas ás escuras. É escandaloso que estea a ocorrer isto nun centro que acaba de cumprir 9 anos.

Reclámase:

* A ampliación do horario de psicoloxía clínica porque só consulta os luns e os venres no C.S. de Marín nun concello de 24.000 hab.

* A cobertura a tempo completo da nutricionista, porque só consulta martes e xoves e dende outubro ten a axenda pechada ata 2026.

* Acontratación de 2 fisioterapeutas máis, porque só hai 1 de mañá e 1 de tarde habendo espazo dispoñible, e

* Un Psx xa prometido”.

Acontratación destes profesionais reduciría as listas de agarda nestas especialidades e liberaría citas do persoal de medicina de familia o que tamén reduciría a espera para consulta, nun momento de longas agardas en saúde mental ou fisoterapia e de pico de gripe e enfermidades respiratorias. Por último reitérase a reclamación da gratuidade para o aparcamento do hospital Gran Montecelo, pois na Xunta seguen empeñados en enriquecer unha empresa privada cos cartos de todas nós”

A plataforma acudirá a esta concentración e despregará unha pancarta co lema “coa nosa saúde non se xoga” e anuncian novas accións porque no Nadal tamén enfermamos, só hai que mirar como están as urxencias de Montecelo, e os recortes afectan directamente á saúde das veciñas e veciños”.

 (*) Iria Aboi é a voceira da Plataforma Seixo-Marín

 

roslev