Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Demografía local

Carriola.18.12.24.

julio@carriola.es.

CATORCE ANOS QUEDANDO SÓS

 

Aarón Franco

Hai cifras que non deixan lugar a interpretacións. O descenso demográfico que vén de confirmar o INE para Marín non é unha simple variación estatística, é o síntoma claro dunha deriva prolongada. Marín perde 113 habitantes nun ano, baixa dos 24.000 habitantes por primeira vez desde finais dos oitenta, e perde case 2.000 habitantes nos últimos 14 anos.

Trátase dunha tendencia que coincide punto por punto cos anos de goberno do Partido Popular en Marín. Os datos falan por riba de calquera relato que se queira dar ou vestir, de feito o relato que queira dar quen goberna en Marín para xustificar a cuestión está espido.

O dato cobra máis forza cando se analiza no contexto da nosa contorna, onde a realidade é ben distinta. Pontevedra medra, Poio tamén é Moaña acada un pequeno pero significativo incremento.

Finalmente temos a Marín, que continúa unha liña descendente que xa resulta imposible xustificar con argumentos repetidos ou explicacións de manual que falen de natalidade ou mortalidade, porque son elementos presentes en tódolos concellos, tamén nos que medran.

Esta comparación é decisiva porque desmonta de raíz moitas das interpretacións que estes días se poden ler. Non estamos ante un fenómeno territorial que arrastre a todos os concellos da ría, non, estamos ante un fracaso de modelo, do modelo da falta de xestión e de iniciativa. O certo é que hai concellos a escasos quilómetros capaces de captar nova poboación, de consolidar servizos e de ofrecer oportunidades ás súas familias. E teñen os mesmos problemas coa natalidade e a mortalidade que Marín.

Por que eles si medran e Marín non?

As ciencias sociais levan décadas explicando cales son os factores que permiten fixar habitantes nun municipio pequeno ou medio: vivenda accesible e de calidade, planificación urbana coherente, actividade económica diversificada e unha relación fluída coa xente moza. En Marín, ningún destes piares está funcionando.

A vivenda converteuse nun obstáculo insalvable. A oferta é inexistente, cara e, en demasiados casos, deteriorada. Direille querido lector que seguro vostede sabe de persoas que vivían en Marín e tiveron que marchar a outros concellos como Pontevedra, Bueu ou Poio diante da falta de oportunidades na nosa vila. Todos temos amizades que marcharon de Marín empurrados pola falta de oportunidades. Sen vivenda, non hai futuro; é así de simple. A isto súmase a parálise urbanística. O PXOM leva aprobado máis dunha década, mais segue sen definirse un modelo claro de vila, sen aproveitar o litoral nin crear unha estrutura que convide a quedarse ou a regresar.

O eido económico tampouco axuda: falta diversificación, faltan incentivos, falta unha estratexia que dea estabilidade e horizonte ás persoas que queren construír aquí unha vida. A mocidade, que debería ser motor, colle a maleta para non regresar. Esta situación non é irreversible, pero tampouco se vai corrixir con discursos triunfalistas, non con vídeos cos conselleiros da Xunta, nin con obras puntuais destinadas a saír na fotografía. Necesítanse decisións valentes, activar de verdade a planificación urbanística, abrir a porta á vivenda accesible, reforzar os servizos públicos, atraer actividade económica e recuperar o diálogo coa veciñanza, especialmente coa que leva anos marchando.

Trátase de admitir que o modelo do Partido Popular está esgotado. E esa responsabilidade recae directamente no goberno municipal, que non parece quen de endereitar o rumbo. Catorce anos de goberno transformado en catorce anos de caída demográfica, ben dan unha visión global do que está a acontecer.

Os datos berran. Agora cómpre decidir se quen goberna a casa consistorial quere escoitar e poñer a capacidade de traballo, de a ten, a funcionar.

 

roslev