Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CONTOS DE NADAL PREMIADOS NO ATENEO ESTE ANO (I)

Carriola.23.12.25.

julio@carriola.es.

Iniciamos hoxe a publicación dos primeiros premios de cada categoría do concurso de Contos de Nadal convocado nos centros educativos polo Ateneo Santa Cecilia este ano . Hoxe o da categoría “D” ESO

O NADAL É PARA SOÑAR

 

Martina Fernández Santos

Colexio Inmaculada

Luís estaba xa na cama, arroupado, mentres o frío do inverno golpeaba a noite de nadal. A casa estaba en silencio, só se escoitaba o tic-tac do reloxo do salón e o murmurio do vento. Luis, esperaba con ansias todo o ano para esta noite deixarse levar polos soños. Pero esta vez os soños foron un pouco diferentes ao que soían.

O primeiro soño, o Nadal pasado apareceu diante del coma unha película antiga. Viu a súa avoa poñendo a mesa cun mantel de cadros vermellos e brancos, o cheiro do marisco que proviña da cociña, e os risos dos seus pais cantando villancicos cás tías. Luís, neno pequeno, corría arredor da mesa buscando aos seus primos coa ilusión de atopar os agasallos escondidos baixo a árbore.

Sentiua calor das mans da avoa cando lle daba un anaco de turrón e lle dicía: “O Nadal é compartir, meu parruliño. Ese recordo envolvíao cunha ternura que lle facía sorrir mesmo durmindo.

De súpeto Luis encontrábase no Nadal presente. Xa mozo, estaba deitado na mesma cama, pero agora escoitaba os sons da súa propia familia. A súa nai cantaba os mesmos villancicos mentres recollía a louza, desa gran cea familiar de costume. E o seu pai falaba por teléfono co tío Raúl quen non poidera acudir este ano a xuntanza. Luis pensou nos amigos que viñeran pola tarde a deixarlle unha postal feita a man, e na mensaxe que recibira da súa irmá, universitaria en Santiago: “Feliz festas, non esquezas o meu agasallo, vémonos en ano novo. O presente era moi distinto ao pasado, pero seguía envolvendo a Luis coma un neno pequeno.

Finalmente, Luis atopouse no Nadal futuro. Luís viu a súa casa totalmente cambiada, coas luces que se acendían soas, mesas despregabres que recordara do trasteiro, e unha árbore de Nadal nova e espectacularmente grande. Pero o que máis lle chamou a atención foi ver a súa propia figura, xa adulto, ceando cuns nenos que a primeira vista non lograba distinguir. Eses nenos escoitaban atentos como Luís lles contaba as historias de cando era pequeno, dos villancicos da avoa e das castañas asadas... No futuro, Luís comprendeu que o Nadal non é só tecnoloxía nin agasallos brillantes, senón a memoria viva que se transmite por xeracións. Os nenos rían, e Luís sentía que o espírito do Nadal seguía intacto, coma esa espina que nunca sae.

De súpeto, o reloxo do salón deu as doce en punto. Luís espertou, aínda na súa cama, coa sensación de que os tres tempos se mesturaran nun único Nadal. Mirou cara á fiestra: a lúa iluminaba a neve, e pensou que cada Nadal era un capítulo dunha mesma historia, a historia da súa vida e da súa familia.

Acostouse de novo e pechou os ollos lembrando ese Nadal pasado e esperando con ansias o futuro. E así, entre soños e recordos, Luís deixou que a noite máis esperada do ano continuasesabendo que o Nadal sempre estaría con el.

 

roslev