Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello autoriza, ata o 6 de xaneiro, unha ampliación do horario da hostalaría atendendo a unha modificación autonómica

Carriola.Redacción.24.12.25

julio@carriola.es   

O Concello autorizará a ampliación horaria máxima permitida pola normativa para o ocio nocturno durante todo o Nadal segundo un comunicado remitido recentemente  no que se indica que aplícase é a Orde do 23 de outubro de 2020 a nivel autonómico, que garante a posibilidade de estender a actividade nocturna da hostalaría polo especial de datas.

Concello de Marín emitiu un comunicado no que indica que “Autorizase a ampliación horaria máxima permitida pola normativa autonómica para o ocio nocturno durante todo o Nadal e para toda a hostalaría aplicando a orde autonómica do 23 de outubro de 2020, coa que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos, tendo en conta a licenza individual de cada un.

Esta ampliación dos horarios atinxe a todos os establecementos que se desenvolvan na nosa vila durante as festas do Nadal, no período comprendido entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluidos pero ao mesmo tempo advírtese na mesma nota que Co fin de manter un ambiente seguro e cumprir coas regulacións aplicables, os locais e establecementos hostaleiros deberán ter en conta, entre outros aspectos, o aforo permitido, o número de decibelios emitidos e a prohibición de venta de alcol a menores.

roslev