Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Un ano máis, “Memoria Histórica” prepara a homenaxe aos marinenses fusilados o 31 de decembro do 36

Carriola.ARMH.28.12.25

julio@carriola.es   

O vindeiro mércores 31 de decembro, ás 13 horas, terá lugar no Paseo Alcalde Antonio Blanco o acto organizado pola ARMH de Marín en homenaxe e lembranza dos fusilados ese mesmo día de 1936

Aquela aciaga noite Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández sufriron a barbarie do fusilamento en Pontevedra cando tiñan concedido o indulto da pena máxima e antes de que dita orde chegra ao seu destino.

Intervencións

Ademais das palabras da presidenta da asociación, Queta Otero, falarán tamén Xulio Pardellas e Uxía Lubián, e a intervención central correrá a cargo de Guillerme Pérez Agulla, director da Fundación Luis Tilve, enmarcada na conmemoración do centenario do pasamento do histórico político e sindicalista Pablo Iglesias Posse. Algúns dos marinenses homenaxeados tamén formaban parte de agrupacións ou federacións sindicais; organizacións que sufriron de forma cruenta a represión e persecución franquista.

No transcurso do acto contarase coa colaboración musical de Zeltia Acuña e coa presenza de familiares dos homenaxeados, que participarán na tradicional ofrenda floral.

roslev