Carriola.Concello.30.12.25
Desempregados de longa duración, con discapacidade, mulleres e menores de 30 anos son os colectivos aos que vai dirixido este novo plan de mellora das competencias laborais, que arrancará no 2026 e para o que, as persoas interesadas deben estar dadas de alta como demandantes de emprego e poden poñerse en contacto co Axente de Emprego do Concello.
O Concello segue apostando pola promoción económica e a inclusión laboral e social da sociedade. Nestes momentos, está aberta a inscrición para a nova edición do Programa Integrado de Emprego, que beneficiará a 100 persoas e arrancará en xaneiro.
Estas prazas están destinadas a diversos colectivos, que son os que teñen maiores dificultades á hora de conseguir un emprego: as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas con discapacidade, as mulleres desempregadas e os menores de 30 anos.
Información na Axecia de Emprego Local
As persoas que estean interesadas poden poñerse en contacto co Axente de Emprego Local a través do mail aedl@concellodemarin.es ou chamando ao teléfono do Concello.
O obxectivo é posibilitar a integración laboral destas persoas con accións de diferente natureza, tales como:
- Información, orientación e asesoramento.
- Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
- Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
- Fomento da capacidade emprendedora.
- Prospección empresarial.
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
- Formación para o emprego.
- Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
- Obradoiros sobre mobilidade laboral.
Cada participante terá o seu itinerario persoalizado de inserción según a súa formación, experiencia profesional, inquedanzas, aptitudes e os seus propios obxectivos profesionais.
O Programa é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que ascende a 120.365,80 €, poñendo o Concello dos seus fondos propios o 20% restante.