Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Paseo Alcalde Blanco acolle hoxe unha nova homenaxe de lembranza aos marinenses fusilados na noitevella do 36

Carriola.Redacción.31.12.25

julio@carriola.es   

A Asociación da Memoria Histórica que lidera Queta Otero “Molas” recorda que hoxe, á unha da tarde, terá lugar o acto de homenaxe aos marinenses que foron fusilados tal noite como a de hoxe en Pontevedra no ano 36

Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández sufriron a barbarie do fusilamento en Pontevedra cando tiñan concedido o indulto da pena máxima e antes de que dita orde chegra ao seu destino e hoxe serán recordados un ano máis como desde hay dúas décadas cun sencillo acto ao pé da placa que na lembranza de todos eles està instlada nos inicios do Paseo Alcalde Blanco Solla que foi tamén uno doe executados naquela tremenda data.

Intervencións

Ademais das palabras da presidenta da asociación, Queta Otero, falarán tamén Xulio Pardellas e Uxía Lubián, e a intervención central correrá a cargo de Guillerme Pérez Agulla, director da Fundación Luis Tilve, enmarcada na conmemoración do centenario do pasamento do histórico político e sindicalista Pablo Iglesias Posse. Algúns dos marinenses homenaxeados tamén formaban parte de agrupacións ou federacións sindicais; organizacións que sufriron de forma cruenta a represión e persecución franquista.

No transcurso do acto contarase coa colaboración musical de Zeltia Acuña e coa presenza de familiares dos homenaxeados, que participarán na tradicional ofrenda floral.

roslev