Carriola.Redacción.09.01.26
“A Cañota”, “Virxe do Carme” e “San Pedro”, así como na conexión da “Lameiriña” e o entorno do “Centro de Saúde Marín”, serán obxecto de sustanciais melloras urbanísticas segundo a alcaldesa, María Ramallo, deu a coñecer onte no Pleno da Corporación a aprobación definitiva por parte da Unión Europea da nova senda financeira que foi concedida a Marín para levar adiante o seu Plan de Acción Integral Marín 360, un total de 6,5 millóns de euros que permitirá “realizar inversións transformadoras en zonas do municipio que o necesitan.
Catro proxectos estratéxicos
Con esta financiación, desenvolveranse catro proxectos estratéxicos co horizonte posto en catro anos de execución, polo que agora toca “sentarse na mesa e organizar cales serán as actuacións polas que empezaremos este ano, que estará sobre todo centrado en encargar os proxectos e executar aqueles que xa temos listos”, dixo.
“En xeral, informou Ramallo, Marín 360 céntrase nas barriadas da vila:
* A barriada Virxe do Carme, onde se procurará impulsar unha zona de transición verde entre o barrio e a senda do río Lameira, que cambiará radicalmente coas obras que actualmente está executando Augas de Galicia;Tamén actuaremos en todos os viais que arrodean a barriada (Francisco Landín, Souto, Busto de Abaixo e Calzada). Todo sumado á actual obra de mellora integral do Pavillón do Sequelo, que imprimirá unha mellora total a esta zona”.
* San Pedro e A Cañota. No primeiro caso, as actuacións centraranse nunha urbanización total, mellorando pavimentos, beirarrúas, mobiliario, zonas verdes… así como no Estadio, onde poidamos renovar o graderío, mellorar o peche e optimizar a eficiencia enerxética. Tamén se plantexará mellorar a conexión co barrio do Sequelo a través de Jaime Janer.”
* Na Cañota, está previsto mellorar a praciña central, modernizar o local municipal e humanizar as rúas Cañota e Carballiño para conectar mellor o barrio con Concepción Arenal.
* A Banda do Río e o Casco Vello, onde se renexerarán as rúas Lameira e Exército e Marina, abordando unha reforma da cuberta e das instalacións do Mercado e mellorando a accesibilidade á Finca de Briz.
Os precentes on aval ante a UE
A rexedora municipal estimou que “Os resultados de boa xestión dos antigos fondos FEDER sérvennos de aval. Temos experiencia xestionando plans transformadores e conseguindo os resultados esperados, por iso fumos quen de acadar de novo unha axuda deste calado”, rematou .