Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Finaliza a campaña comercial “O Nadal que premia o teu apoio” coa entrega onte dos premios do terceiro sorteo

Carriola.Yonathan Carreira (*).16.01.26

julio@carriola.es   

Hoxe entregáronse os últimos premios da campaña de Nadal, aos gañadores do terceiro sorteo que se efectuou esta semana. 

Nesta nova edición da campaña, rexistráronse un total de 1735 tickets que sumaron un importe de 111.188,55€, superando as cifras da campaña anterior de nadal, tanto en tickets rexistrados (84 tíckets máis) como en importe de vendas (21.426,04€ máis).

Os clientes que participaron na campaña “Neste nadal, merca en local”, acción de dinamización que se puxo en marcha do 9 de decembro ao 9 de xaneiro, obtaron a conseguir algúns dos centos de premios directos que se agochaban nos boletos que se repartían polas compras e no caso de non obter o citado premio, podían rexistrar na web de Estrela os seus tickets de compra, optando deste xeito a gañar algún dos xamóns que se sortearon.

A campaña contou co confinanciamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Marín.

Novidade da  campaña deste ano

Como novidade nesta campaña, levamos a cabo unha acción de dinamización comercial que tivo como obxectivo promover o uso da lingua galega no ámbito comercial da vila de Marín e reducir o consumo de bolsas dun só uso, a través do reparto de cartelería nos establecementos e de

bolsas reutilizables a clientes que obtiveron premio directo, que contiñan a mensaxe “Merca en galego, no comercio local de Marín” financiada pola Deputación de Pontevedra.

(*) Yonathan Carreira Figueiras, Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

roslev