Carriola.Dep.Prov..20.01.26
O presidene da Deputción Luis López anunciou a apartura desde onte luns dass axudas para os concellos de menos de 20.000 habitantescun orzamento de 260.000 € que van dirixidas a mellorar a atención integral ás vítimas da violencia machista, así como para axudar a mulleres vulnerables e impulsar a súa formación e orientación

Luis López, presidente da Deputción Provincial anunicia que desde onte están publicadas as axudas dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia e ás entidades de iniciativa social para o fomento da igualdade, que neste 2026 estarán dotadas con medio millón de euros. “Inicialmente -explicou o presidente- as axudas ascendían a 460.000 € pero decidimos incrementar ata chegar aos 500.000 €, case un 9% máis, avalando, unha vez máis, o compromiso deste goberno coa igualdade e coa loita contra a violencia machista”.
Por unha banda, 260.000 € irán dirixidos aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Con estes recursos, os gobernos locais poderán impulsar iniciativas que permitan mellorar a atención integral ás mulleres vítimas da violencia machista e ás súas fillas e fillos, así como axudar ás vulnerables e impulsar a súa formación e orientación.
No que respecta a entidades sociais sen fins de lucro, as axudas chegarán neste 2026 aos 240.000 €, tras ter incrementado a contía en 40.000 € respecto aos 200.000 previstos inicialmente. Cos recursos provinciais, as entidades poderán poñer en marcha programas de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero, así como iniciativas para atender ás súas vítimas ou programas dirixidos a mulleres vulnerables ou con dificultades e actividades para o fomento da igualdade.
Novo programa provincial con propostas de benestar, creatividade e conexión coa contorna para a mocidade
Por outra parrte, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Xuventude a Máis, dotado con 100.000 € para que os concellos da provincia oferten á mocidade propostas de benestar, creatividade e conexión coa contorna. En total o organismo oferta 102 obradoiros, que os concellos de menos de 20.000 habitantes deberán solicitar entre este luns 19 de xaneiro e o 6 de febreiro, e garante entre dous e catro actividades por municipio.
Obradoiros
Os obradoiros, dirixidos a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, serán de 20 horas de duración, para grupos de entre 7 e 15 mozos/as e distribuiranse en tres grandes temáticas: habilidades para o benestar e o coidado persoal, expresión artística e cultura e conexión e coidado da contorna. No marco da área de habilidades para o benestar e o coidado persoal ofertaranse obradoiros de economía de fogar; seguridade básica para a mocidade: primeiros auxilios e defensa persoal; cociña, nutrición e mitos alimentarios; e saúde mental.
Expresión artística e cultura
Pola súa banda, no que respecta a expresión artística e cultura, a Deputación deseñou obradoiros de DJ, de iniciación á música tradicional galega, de edición de vídeo e fotografía, de creación de produtos gráficos ou de merchandising. Finalmente, no bloque de conexión e coidado da contorna, proponse actividades relacionadas co sendeirismo, a orientación e interpretación do patrimonio natural; coa horta urbana e xestión biolóxica do solo; coa reciclaxe de mobles e obxectos e co adestramento canino.
Prazo ata o 6 de febreiro
Trala solicitude dos concellos, que terán ata o 6 de febreiro para elixir as temáticas de obradoiros do seu interese, a Deputación de Pontevedra activará as engrenaxes para contratar o desenvolvemento das actividades que terán lugar no último trimestre de 2026 e no primeiro do 2027.