Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Casa de Cultura de Seixo acolle mañán unha asemblea para tratar sobre as listas de espera da Sanidade Pública

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*).21.01.26

julio@carriola.es    

A Plataforma Seixo-Marín convoca unha asemblea de persoas afectadas polas listas de agarda “ante a gravidade da situación xa que temos veciños con esperas de tres anos para uroloxía”. Tamén informamos que xa se pode reservar praza para os buses nos establecementos habituais para acudir á manifestación do 1 de febreiro.

Iria Aboi

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, convoca unha asemblea veciñal de persoas afectadas polas listas de agarda este xoves 22 de xaneiro, ante a gravidade da situación porque hai veciños con esperas de anos en case toda a atención especializada, o máis sangrante tres anos para uroloxía e case un ano para ecografía preferente.

A situación é insostible. Non nos pode dicir o Conselleiro que o sistema responde cando hai que esperar semanas para consulta coa médica ou médico de cabeceira e hai listas de agarda de meses e mesmo anos para consultas con especialistas, probas diagnósticas e intervencións. Vivimos o colapso nas urxencias dos hospitais pola falla de previsión, organización e dotación de recursos pero resulta que para o Sergas a culpa é de que a xente vaia a urxencias cando está mal e non consegue outra alternativa para ser atendida. É a Xunta a que coas súas decisións leva ao colapso a sanidade pública, e temos que actuar, non podemos dar por inevitable esta situación, porque o que interesa é desmantelar a nosa sanidade para engordar á privada e que a xente vaia de pago cando está desesperada e non aguanta máis.  

Esta asemblea terá lugar mañán xoves, 22 de xaneiro, ás 20h, na Casa da Cultura de Seixo, e poden asistir persoas afectadas ou familiares tanto do centro como das parroquias que leven agardando máis de tres meses incluindo a persoas á espera de cita con especialista que non dá chegado; persoas á espera de proba diagnóstica ou intervención; persoas que lle ofreceron ir á privada e como preferiron ser atendidas na pública, seguen agardando.

Autobuses para a manifestación do 1 de febreiro en Santiago.

Comunicamos tamén que acudiremos á manifestación convocada por todas as plataformas e SOS Sanidade pública e que haberá autobuses dende Marín e as parroquias para ir a un prezo de 5€. Para facelo pódense achegar a diferentes establecementos como son: Café Bar o Freixo e Café Bar o Carballinés en Marín, en Seixo a Panadería do Cine, a Librería Begoña, a Farmacia e a Ferretería La Comercial, e  A Agrícola, en Ardán; así como no 699 484 676.

Queremos facilitar que a veciñanza acuda, porque non podemos permitir que se xogue co dereito básico á saúde.

(*) Iria Aboi Ferradás e a portavoz da Plataforma de Seixo

roslev