Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A escritora marinense Raquel Catalán presenta o venres no Musero Torres o seu libro “Anaquiños”

Carriola.Redacción.21.01.26

julio@carriola.es    

O Museo Torres acollerá este venres ás 19.30 horas a presentación do libro

“Anaquiños”, a ópera prima da marinense  (Marín, 2005), unha colección de cartas dirixidas a entes subxectivos: ideas abstractas, emocións, conceptos universais e mesmo entidades invisibles que nos condicionan na vida cotiá.

A través destas, o texto explora temas como a vida, Galicia, o destino, a inspiración e o vínculo humano co inmaterial. As cartas, escritas cun ton íntimo e reflexivo, mesturan filosofía, literatura e emoción, ofrecendo ao lector unha experiencia única e suxestiva.

Sobre a autora

Raquel Catalán Rodríguez, é unha apaixoada da literatura e a escritura dende a infancia, atopando nas palabras unha forma de expresar sentimentos e contar historias. Actualmente está formándose como filóloga clásica e teórica literaria-comparatista na USC, combinando o seu amor polas linguas antigas coa creación literaria.

“Anaquiños” é a súa primeira obra de todos os proxectos que ten no tinteiro. Cando non está escribindo, desfruta da actuación e valora todos os momentos compartidos coa familia e as amizades.

roslev