Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A "Gala do Deporte 2025" xan ten gañadores que recibirán os premios no acto que se celebrará no Auditorio en febreiro

Carriola.Redacción.22.01.26

julio@carriola.es    

Nada doado foi para o xurado calificador elixir entre os candidatos propostos por clubes e diversas persoas aos gañadores dos premios da “Gala do Deporte 2025” pero tras as delibercións basándose nos méritos individuais ou colectivos, decidiuse outorgar os premios coa concencia de que a practica totalidade dos presentados tenen tamén traxectorias meritorias polo seus resultdos, a súa disposición ou o se uespirito deportivo

Temos comentado con frecuencia nesta nosa Carriola que Marín conta con deportistas destacados en innumerables deportes e, moitos deles, campeóns nos niveis máis altos dos seus respectivos deportes e categorías. E así foi que o xurado deliberador tivo bastante dificultade para decantarse por uns ou por outros polo que se axustou a un baremo de mèritos polos resultados e a incidencia deportiva de cada quen ao longo do pasado ano.

A sesión deliberante iniciouse coa intervención do concelleiro de deportes Antonio Traba quen quixo destacar a Boa resposta por parte da cidadanía e dos clubs á hora de presentar candidatos e candidatas” e recoñeceu que “non é nada doado tomar decisións cando temos tan boas opcións, tantos deportistas con resultados extraordinarios e tan boa canteira”. 

Un acto apropiado para inaugurar o Auditorio

Unha vez determinado o reparto de premios, queda agora a celebración do principal acto a “Gala do Deporte 2025” que se vai celebrar no novo auditorio a punto de ser inaugurado, según indicou o propio concelleiro de deportes. A data da gala está prevista para o día 20 de febreiro, venres, supoñendo que, en efecto o auditorio estea xa en disposición pero de no ser así, a gala retrasaríase o necesario pero é seguro que se celebrará na nova insdtalación cultural marinense.

Persoas, clubes e entidades premiadas

Trala deliberación do xurado, a decisión dos premios foi a segunte:

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO: 


IVÁN GARCÍA MARTÍNEZ (TAEKWONDO MATS)

Polos éxitos acadados durante o 2025, sendo o nº9 do ranking mundial e o 11º no ranking olímpico. Proclamouse Campión de España, Campión de Europa por equipos absoluto e leva ás súas costas catro ouros, entre outros galardóns.

MELLOR DEPORTISTA FEMENINA:

ARLET ORTIZ (TAEKWONDO MATS)

Por ser Campioa de España absoluta, bronce no Campión de Europa por equipos, quinta no Mundial Feminino e ostentar o 13º posto no ranking mundial e o 27º no olímpico, así como outras medallas en opens internacionais son só algúns dos seus logros durante o 2025.

MELLOR DEPORTISTA DE BASE MASCULINO:

XIÁN GUTIÉRREZ DOPAZO (REMO RÍA DE MARÍN)

Polo despunte da súa carreira deportiva no 2025, quedando 1º clasificado no Campionato de España de Remo Indoor e no Xuvenil Galego de Remo Olímpico de Longa Distancia, entre outros podios.

MELLOR DEPORTISTA DE BASE FEMENINA: 

 

ÁNGELA BALADO CONDE (TAEKWONDO MATS)

Por deslumbrar nun 2025 redondo na categoría cadete, converténdose en Campioa de Europa, de España e de Galicia na súa categoría, ademáis de conseguir o bronce no Campionato do Mundo.

MELLOR DEPORTISTA VETERANA:

PILAR VÁZQUEZ BOUZAS (REMO RÍA DE MARÍN)

Por demostrar que a veteranía tamén é sinónimo de éxito, acadando a segunda clasificación no individual e a terceira na modalidade mixta no Campionato Galego de Remo Olímpico. Tamén quedou en terceira posición no autonómico de Remo Indoor e na XXXI Copa Primavera.

PREMIO Á INCLUSIVIDADE: 

 

PAULA GARCÍA VÁZQUEZ (REMO RÍA DE MARÍN)

Por rachar con todos os límites, conseguindo segundas clasificacións na individual paralímpica do Campionato Galego de Remo Indoor e no PR3 mixto absoluto do autonómico de Remo Olímpico, así como terceiras posicións no Campionato de España e na Copa Primavera.

MELLOR ADESTRADOR:

EMILIO GUTIÉRREZ JALDA (REMO RÍA DE MARÍN)

Polo seu bo facer á fronte dun club que só na tempada 24/25 acadou en varias categorías e competicións seis ouros, seis pratas, nove bronces, dous deportistas convocados pola Selección Galega, unha pola Española Paralímpica e outro pola Española. Unha auténtica fazaña.

MELLOR CLUB: 

 

CD LA PEÑA

Pola súa evolución e dinamización da vida deportiva local, pasando en apenas 12 anos de ser un único equipo a contar con 18, conformados por 212 xogadores e xogadoras e conseguindo no 2025 resultados deportivos históricos no Campionato de España Infantil Feminino, Campionato Galego Infantil Feminino e a Copa Galicia Infantil Masculino.

MELLOR PATROCINIO:

SEI SAN NARCISO

Pola súa xenerosidade e aposta polo deporte base, acollendo nas súas instalacións a actividade diaria de diferentes clubes e rubricando convenios cos que, entre outras cousas, favorece a residencia de xogadores en réxime completa, algo indispensable para que Marín poida ser sede de eventos deportivos de calado.

MELLOR EVENTO DEPORTIVO:

OPEN ENCE VILLA DE MARÍN DE BOXEO

Por ser un evento referente a nivel europeo que non para de crecer e que na edición do 2025 trouxo a Marín a 700 boxeadores/as, 300 técnicos/as e 150 equipos participantes procedentes de 8 países diferentes, que desputaron case 500 combates en apenas un fin de semana.

PREMIO AO DEPORTE CON VALORES:

RAQUEL CARRAGAL DA COSTA

Pola súa empatía e solidariedade, poñendo toda a súa capacidade deportiva en favor da visibilidade de enfermidades como a esclerose múltiple, o cancro infantil e outras enfermidades raras, colaborando con asociacións como EMMO, Bicos de Papel ou Loita nos seus retos.

PREMIO Á PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE E Á FORMACIÓN: 

 

MARÍN PEIXEGALEGO

Polo incansable labor exercido ao longo dos máis de 30 anos de traxectoria de formación e adestramento dunha das canteiras máis importantes de Galicia, sumando a día de hoxe a máis de 300 nenos e nenas practicando basket baixo o seu paraugas.

PREMIO AO VOLUNTARIADO DEPORTIVO:

CARREIRA E ANDAINA PINGA PINGA

Polo compromiso e esforzo desinteresado e totalmente altruísta que fan cada ano no desenvolvemento deste evento deportivo do Club Pinarium que ten lugar en Santomé de Piñeiro e que se converteu nunha das probas populares con máis sona do panorama atlético popular galego.

MENCIÓN ESPECIAL:

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA GHARABOTO

Polo seu traballo incansable na recuperación, mantemento e reactivación dos xogos populares, que son parte do patrimonio inmaterial galego e que están achegando aos máis pequenos para que non se perda a súa práctica e coñecemento.

O xurado estivo composto polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, o técnico de Deportes, Pablo Outeda; o deportista e coordinador de carreiras, Víctor Riobó; o responsable de dirección deportiva do PeixeGalego, Luis Santiago, e os xornalistas Heriberto Dopazo, Lara Saez, Ángel García Carragal e Julio Santos Pena.

 

roslev