Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Basti Grande refrexa os seus recordos do pasado nunha exposición de cadros que inaugurará o día 30 no Ateneo

Carriola.Celso Méndez (*).28.01.26

julio@carriola.es    

O vindeiro venres, 30 de xaneiro, ás 20:00 h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a primeira inauguración do ano 2026 coa exposición de “Recordos” do pintor Sebastián Grande Santos que permanecerà aberta ata o día13 de febreiro

Na mostra, Basti Grande presenta un conxunto de obras sobre a súa vida que nacen dunha necesidade de preservar o pasado. O que comezou como un xeito de salvagardar os seus recordos revelouse como o descubrimento dun don para a pintura. A súa obra tradúcese en cadros de gran beleza, cheos de cor, paixón e un profundo significado, onde cada pincelada busca salvar do esquecemento as vivencias que nos forman. A arte convértese no vehículo para compartir a súa historia persoal.

En palabras do propio artista:

“Hai uns poucos meses, deume por pensar en... — Que vello estou — e mirei cara atrás, tantas historias..., tantos recordos..., tantas vivencias..., E pensei que todos eses arquivos e imaxes da miña vida, están a deteriorarse e vanse perder definitivamente, — Teño que facer unha copia — Pero..., como se fai unha copia da memoria? E sen ter pintado nada na miña vida, de súpeto, púxenme a pintar cadros con fotos e recordos vellos e pensei que me gustaría amosarlle a todo o mundo o meu álbum de recordos, gustaríame facer unha exposición... E aquí estamos. Grazas por vir”.

(*) Celso Méndez é o presidente do Ateneo Santa Cecilia

roslev