Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación convoca o certamen escolar de relatos audiovisuais sobre as coleccións do Museo de Pontevedra elacionadas co mar

Carriola.Dep.Prov.28.01.26

julio@carriola.es    

O concurso, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, FP e Bacharelato, está aberto ata o 22 de maio e reparte 9.000 € en premios

A Deputación de Pontevedra acaba de convocar a terceira edición do concurso MicroMuseo, o certame de microrrelatos audiovisuais que busca implicar a comunidade escolar no descubrimento do patrimonio cultural da provincia que se atopa no Museo de Pontevedra. Este ano o concurso está dedicado ao mundo do mar e a súa memoria, polo que o alumnado participante terá que buscar e indagar sobre algunha das pezas que alberga o Museo de Pontevedra relacionadas co mundo do mar e co seu patrimonio histórico-artístico. As bases xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O concurso, enfocado a estudantes de 5º e 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional de centros escolares situados na provincia de Pontevedra, consistirá na presentación dun microrrelato en lingua galega en formato audiovisual de non máis de 5 minutos de duración. O alumnado deberá buscar e indagar sobre algunha das variadas pezas da colección do Museo de Pontevedra relacionadas co mar: paisaxes mariñas como as das obras de Francisco Lloréns, Imeldo Corral, Eliseo Meifrén e moitos outros, incluíndo vistas de lugares como Combarro ou o antigo barrio da Moureira. Tamén pinturas que recollen a vida mariñeira, como as de Castelao, Manuel Torres ou Serafín Avendaño, e esculturas da mesma temática como as de Camilo Nogueira e Xosé María Acuña. A isto únense pezas dos fondos etnográficos relacionados coa pesca ou coas embarcacións tradicionais, pezas arqueolóxicas de época castrexa e galaico-romana e incluso fondos bibliográficos e fotográficos.

Prazos de presentación dos traballos

O prazo para presentar os traballos comezou onte, día 27 de xaneiro, e remata o 22 de maio. Os centros escolares interesados en participar deberán inscribirse por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación. A participación debe facerse en grupo (sempre que o número de participantes non supere unha aula) e cada centro escolar só poderá presentar dous microrrelatos por cada unha das tres categorías: a primeira, para os estudantes de 5º e 6º de Primaria; a segunda, para os que se atopen na ESO, e unha terceira para estudantes de Bacharelato ou ciclos formativos.

Premios

En canto aos galardóns, haberá un primeiro e un segundo premio por categoría valorados en 2.000 e 1.000 €, respectivamente, facendo un total de 9.000 euros. Con estes recursos, os centros poderán adquirir material, realizar saídas educativas, entregar bolsas ao alumnado ou realizar outras actividades relacionadas coa súa programación. Ademais, cada un dos seis premios estará acompañado dun lote de tres libros do Museo de Pontevedra.

roslev