Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Deputado Néstor Rego participa mañán nun acto no Museo Torres organizado polo BNG polo tema de “Abrir Marín ao Mar”

Carriola.BNG (R).29.01.26

julio@carriola.es    

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrará este venres 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Museo Municipal Manuel Torres, o acto público “Abrir Marín ao mar, recuperar o noso”, para explicar o proxecto Abrir Marín ao Mar e abrir un espazo de información e debate sobre a recuperación do litoral de Marín.

No acto intervirán Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Lucía Santos, voceira do BNG de Marín. Rego abordará o papel das institucións estatais, mentres Santos explicará a posición e as propostas do BNG para a vila.

O acto celébrase tras a aprobación no Congreso dos Deputados dunha iniciativa que insta o Goberno do Estado a iniciar o proceso de cesión dos terreos, un respaldo político previo que abre unha oportunidade para avanzar na recuperación da beiramar.

A iniciativa aposta por facilitar un maior acceso público á beiramar e mellorar a integración do litoral na vila, sen cuestionar os usos do porto nin da Escola Naval Militar, co obxectivo de avanzar cara a un Marín máis habitábel, sostíbel e socialmente cohesionado.

O BNG fai un chamamento á participación da veciñanza nun debate clave para o futuro da vila.

roslev