Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

La C.deM. de San Xulián defiende sus derechos sobre el entorno del Lago Castiñeiras

Carriola.Comunidade de Montes (*).03.02.26

julio@carriola.es   

CARTA ABERTA AOS PARTIDOS POLÍTICOS

Desde a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián —e recalcamos, veciñais, non municipais nin autonómicos— queremos deixar algo meridianamente claro: non imos permitir que ningún partido político interfira na xestión da nosa entidade , que , como todo mundo sabe, ou debería, é privada .

Os terreos do Lago, dos cales unha parte moi significativa son propiedade desta Comunidade de Montes, son xestionados polos seus lexítimos titulares, isto é, os veciños e veciñas comuneiros. E somos nós, e só nós, quen decide como, cando e con quen se xestionan.

Temos demostrado sobradamente responsabilidade, diálogo e vontade social. Proxectos como a cesión á Fundación Juan XXIII, cun enfoque social que consideramos serio, interesante e beneficioso, ou mesmo a cesión a o co Concello para a xestión dun espazo de lecer, forman parte dunha maneira de facer construtiva, aberta e transparente.

O que non imos aceptar son pedras no camiño, trabas artificiais, ruído político nin interferencias interesadas. Resulta cando menos chamativo que, á hora de xestionar o monte, todo sexan pegas, informes, obstáculos e opinións non solicitadas… mentres que cando se trata doutros proxectos moito máis discutibles e claramente incómodos para a veciñanza, o silencio é absoluto.

¿Ou acaso a posible planta de lavadoiro e taller dos camions do lixo de Urbaser na canteira da Pardavila non merece ningunha reflexión, ningún debate nin ningunha preocupación por parte de quen agora se amosa tan belixerante?

Queremos reiteralo unha vez máis, para que non haxa dúbidas:

- o espazo é privado.

- a xestión é veciñal.

- as decisións tómanse na Comunidade de Montes, non nos despachos políticos nin

nos parlamentos.

Quen queira aportar, propoñer ou colaborar, sabe perfectamente onde ten que chamar. E dende logo, non é no Parlamento, nin usando siglas, nin facendo política onde non toca.

Pedimos respecto.

Respecto á propiedade.

Respecto á autonomía veciñal.

E respecto a un modelo de xestión do monte que leva décadas demostrando que funciona cando se lle deixa traballar e non se abandona.

Porque o monte non é un taboleiro político.

E os comuneiros non somos figurantes

(*) A Xunta directiva da CMVMC de San Xulián

roslev