Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Mar e Ría Pesca&Turismo” lanza unha oferta de cursos en liña para reforzar a capacitción na pesca-turismo e turismo-mariñeiro

Carriola.GALP.15.02.26

julio@carriola.es   

O proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo pon en marcha unha oferta de formación complementaria dirixida a persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro, así como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. A iniciativa busca reforzar competencias clave vinculadas á atención ao público e á mellora da experiencia turística asociada ao sector pesqueiro.

A formación estrutúrase en cursos titorizados en liña, cun prazo dun mes para a súa realización unha vez formalizada a inscrición. Ao remate de cada acción formativa, as persoas participantes recibirán un certificado acreditativo de que completaron o curso.

Os cursos irán abrindo progresivamente ao longo de febreiro: “ Habilidades sociais e atención ao público”, “ Atención a persoas con discapacidade” e “Semana do 23 de febreiro: Inglés para atención turística”.

Inscrición

As inscricións deberán realizarse a través da web pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursos, onde se pode consultar a información de cada curso e seleccionar as accións formativas á que apuntarse.

Esta oferta formativa enmárcase no proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia.  O proxecto ten como obxectivo estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro dende o propio sector pesqueiro, contribuíndo á diversificación da actividade e á posta en valor do coñecemento e da identidade mariñeira.

Sobre esta base constrúese Mar e Rías Pesca & Turismo, un proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70 %) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30 %).

roslev