Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Positivo inicio de “Os Bonos Comercio de Marín” durante a primera semana de desenrolo da campaña

 Carriola.Jonathan Carreira (*).23.02.26

julio@carriola.es   

A campaña de bonos de consumo impulsada polo Club de Fidelización Comercio de Marín continúa a demostrar o seu impacto positivo no comercio local. Ata o momento descargáronse 139 bonos, que xa mobilizaron 6.357 euros en compras nos establecementos adheridos, unha cifra que reflicte a boa acollida dainiciativa entre a veciñanza.

Jonathan Carreira

O sistema de bonos, destaca pola súa sinxeleza e accesibilidade, pensado para incentivar o consumo de proximidade e ofrecer un beneficio directo ás persoas usuarias. Para obter o bono, só é necesario seguir tres pasos moi rápidos:

  1. Rexistrarse no Club de Fidelización Comercio de Marín.A inscrición é gratuíta e permite acceder a vantaxes exclusivas durante todo o ano.
  2. Solicitar o bono a través da plataforma do club.
  3. Realizar un pagamento de 20 euros, co que a persoa usuaria recibe 30euros para gastar no comercio local, multiplicando así o valor da súa achega.

A iniciativa continúa activa e aberta a novas descargas, co obxectivo de seguir dinamizando a economía de Marín e reforzar o papel do comercio de proximidade como motor social e económico da vila.

O programa conta coa colaboración institucional de distintas administracións. O Concello de Marín asume o custo íntegro dos 600 bonos, mentres que a Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, cofinancia a actividade.

Pola súa banda, o CCA Estrela de Marín é a entidade responsable da posta en marcha e xestión integral da acción, encargándose do deseño operativo da campaña, do desenvolvemento do sistema de bonos, da coordinación cos establecementos adheridos, do soporte técnico, do control de redención, do seguimento de resultados e das accións de comunicación asociadas.

(*) Jonathan Carreira é o xerente de “Estrela de Marín”

roslev