Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Club de “Remo Ría de Marín” ofrece actividade gratuita á mocidade dentro do plan provincial “O Noso Club”

Carriola.CdR. Ría de Marín.04.03.26

julio@carriola.es   

O Club de Remo Ría de Marín participa no programa provincial “O Noso Club”, impulsado pola Deputación de Pontevedra, ofrecendo unha actividade totalmente gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.

A iniciativa ten como obxectivo achegar o remo á mocidade e facilitar que poidan descubrir este deporte sen ningún custo e sen necesidade de experiencia previa.

? Actividade TOTALMENTE GRATUÍTA
? Para nenos e nenas de 6 a 16 anos
? Sen necesidade de experiencia previa

A actividade desenvolverase os luns e venres, en horario de 18:00 a 20:00 horas (segundo organización de grupos), nas instalacións do club situadas no Porto de Marín.

 

O programa está especialmente pensado para aqueles menores que nunca practicaron remo ou que algunha vez pensaron en probalo pero aínda non deron o paso.

Se non coñeces o noso deporte ou algunha vez pensaches en probalo…
Se che gusta o mar…
Se queres facer algo diferente…

? Agora é o momento de vir probar.

INSCRICIÓNS

As inscricións poden realizarse de maneira moi sinxela:

1️⃣ Entra en:
https://www.depo.gal/es/formulario-o-noso-club

2️⃣ Cubre o formulario e selecciona:
Actividade Remo – Horario Marín

3️⃣ Para máis información ou dúbidas:
? 669 95 72 67

⚠️ Prazas limitadas.

roslev