Carriola.Redacción.09.03.26
El salón de actos del Museo Torres acogió ayer la celebración del acto institucional que por el “Día Internacional da Muller” convocó el concello para homenajear al “Servizo de Axuda no Fogar”, tal como acoró y propuso en su día el “Consello Municipal da Muller”

Inició el acto la alcaldesa María Ramallo saludando al público presente en la sala entre el que se encontraban representantes de los partidos políticos con representación municipal, diversas autoridades y, en especial, a las mujeres del “Servizo de Axuda no Fogar” .

Ramallo se refirió en primer lugar al sentido que tiene la celebracion del 8M “Unha data de memoria, de recoñecemento e tamén de reivindicación. Memoria das mulleres que abriron camiño cando non tiñan dereitos nin voz pública; De recoñecemento ás que, día a día, seguen sostendo a sociedade desde espazos moitas veces invisibilizados e de compromiso colectivo, para continuar avanzando cara a unha igualdade real e efectiva”.
“Falamos dunha igualdade - continuó - que non é unha declaración formal, senón unha práctica diaria que se constrúe nas decisións políticas, nas oportunidades laborais, na conciliación, na eliminación das fendas salariais, na prevención e erradicación da violencia de xénero e na dignificación de sectores altamente feminizados.
Las razones de un homenaje
Seguidamente se refirió al sentido del homenaje que este año se rinde a un colectivo especial de mujeres por el servicio que prestan a la comunidad: “ Neste 8M queremos facer visible o que sostén a vida, recoñecendo profesións e traxectorias que representan o coidado como un valor social e non como unha obriga silenciosa asignada ás mulleres. É precisamente nesta mirada onde cobra especial significado o Servizo de Axuda no Fogar (coñecido polas súas siglas, SAF). Este recurso constitúe un piar esencial para o benestar diario do noso municipio porque, grazas ao seu labor, moitas persoas maiores, dependentes ou con necesidades de apoio, poden continuar no seu propio fogar, mantendo a súa autonomía, as súas rutinas e os seus vínculos persoais con un servizo de proximidade que garante unha atención profesional, humana e continuada, contribuíndo á dignidade e á calidade de vida das persoas atendidas. Os 365 días do ano”.
“As profesionais do SAF desenvolven o seu traballo no espazo máis íntimo das persoas -o domicilio, exercendo un traballo que vai moito máis alá das tarefas diarias e que chega á esfera emocional e a súa dedicación impacta nas persoas usuarias pero tamén nas súas familias e no conxunto da sociedade, reforzando un modelo de coidado baseado na responsabilidade compartida, na proximidade e no compromiso co territorio, por iso a mensaxe da nosa campaña: estes son os coidados que melloran vidas”- terminó.
A Coordinadora do SAF pronunica a Declaración Institucional
Seguidamente la regidora municipal dio la palabra a

Ana Santiago Nores, coordinadora de las trabajadoras del SAF quien procedió a dar lectura a la “Declaración Institucional do Concello de Marín sobre o 8M”, texto que reproducimos íntegramente a continuación:
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, conmemora os logros históricos conseguidos polas mulleres na súa loita pola igualdade, pero tamén reivindica o que falta por facer.
No eido laboral, segundo datos actualizados do Servizo Público de Emprego, en decembro de 2025, o paro rexistrado en Marín foi de 1.000 persoas, das que 554 eran mulleres e 446 homes. Unha franxa de idade con máis dificultades de atopar emprego é a de 25 a 44 anos, cun total de 201 mulleres, pero a máis vulnerable é a de igual ou maior de 45 anos, cun total de 333. En relación aos tipos de contrato, a cifra máis alta dáse en contratos temporais no sector servizos.
Este panorama reflicte a necesidade de avanzar cara a eliminación das brechas de xénero e afondar nas barreiras que impiden a consolidación da igualdade real entre mulleres e homes.
Este ano, o noso concello, adica esta data ás profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), labor esencial na atención aos coidados das persoas máis vulnerables nos domicilios para que poidan vivir con dignidade.
A posta en valor dos coidados e a mellora das condicións laborais, a avaliación dos riscos nos seus postos de traballo e unha formación de calidade para previr o acoso laboral e sexual, son algunhas das súas lexítimas demandas. Non debemos esquecer, que as auxiliares de axuda a domicilio poden ver comprometida a súa integridade ao exercer a súa profesión en espazos privados e de maneira illada. Este foi o caso en O Porriño o ano pasado co asasinato dunha traballadora do SAF.
Por o foco nesta declaración nunha profesión tan digna como o SAF, non significa que non teñamos que seguir loitando para que todas as mulleres e nenas consigan ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades de exercelos a través dunha sociedade libre de violencia e discriminación.
Temos que gañar a partida a discursos que perpetúan un mundo inxusto e intolerante para acadar o cambio social necesario. As mulleres como iguais, por xustiza, teñen o dereito de ocupar eidos na esfera pública e privada sen barreiras que o dificulten.
O motor do cambio ven a partires dunha educación en valores e da responsabilidade social, pero tamén da persoal. O uso non sexista da lingua, a utilización das redes sociais como instrumento de sensibilización e loita contra o machismo e a apertura de foros de diálogo xeracionais sobre igualdade poden ser o camiño para conseguilo.
Os obxectivos feministas teñen que ser apoiados polos homes a través da súa toma de conciencia, pois os anima a adoptar cambios para establecer relacións de equidade coas mulleres e consecuentemente obter beneficios para o conxunto da nosa sociedade.
Polo tanto, con esta declaración manifestamos o noso firme compromiso para levar a cabo accións no eido da igualdade entre mulleres e homes e apoiar medidas efectivas e reais que traballen en prol da igualdade e contra calquera forma de discriminación e violencia cara ás mulleres. Por un mundo máis xusto, máis digno e máis igualitario.
Os videos da campaña do 8m
Rematada a lectua da Declaración ofreceuse aos presentes o visiondo das grabacións efectuadas polo equipo de filmación que acompañaron as traballadoras do SAFno seu labor cotián cuio contido impresionou a moitos dos asistentes e aproveitouse para agradecer tanto as traballadoras do SAF participantes como ás familias que permitiron o traballo audiovisual co que se reflexou a sensibilidade e importncia dese labor das mulleres coidadoras.
Testimonios de las propias trabajadoras
El acto continuó con la intervención de

Marián Sánchez, directora do CIM del concello marinense quien hizo presentación de las personas homenajeadas de las cuales intervinieron compartiendo en primera persona sus experiencias en la labor diaria,

Victoria Carracelas Broullón, María Teresa Edreeira García, Saida Omar Laiachi y Lila Paola Anaya Becerra cuyas manifestciones furon seguidas con interés por los asistentes.
Finalizaó el acto tras la expresión de los testimonios antes mencionados y la alcaldesa manifesto para rematarlo que “Desde o Concello de Marín, reiteramos o noso recoñecemento ás profesionais do Servizo de Axuda no Fogar homenaxeadas neste 8M.O seu labor diario é esencial para o benestar da nosa veciñanza e representa un exemplo do valor social dos coidados e da necesidade de avanzar na súa dignificación e recoñecemento público e merecido”.