Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Un “stand” presencial na Praza de Abastos facilitará a obtención de bonos comercio da campaña de Estrela de Marín

Carriola.CCA.EdM.11.03.26

julio@carriola.es   

O CCA Estrela de Marín, instalará un stand informativo na Praza de Abastos hoxe mércores e o xoves 12, en horario de 10:30 a 13:00, co obxectivo de facilitar a tramitación dos Bonos Comercio de Marín e reducir a fenda dixital entre a veciñanza.

 

Jonathan Carreira, Xerente de E.de Marín

Durante estas dúas xornadas, os clientes terán a posibilidade de adquirir unha tarxeta física cargada con 30 euros, pagando só 20 euros, unha iniciativa pensada para aquelas persoas que teñen dificultades para realizar o proceso de maneira telemática. Deste modo, a asociación busca garantir que toda a cidadanía poida beneficiarse do bono 20/30 e apoiar o comercio local.

O Día 13 remata o prazo da campaña

A entidade lembra que o prazo para conseguir os bonos remata este venres día 13 ás 21.00hrs, polo que anima á veciñanza a achegarse ao stand para resolver dúbidas, recibir asistencia e obter a súa tarxeta física antes de que finalice a campaña.

O programa conta coa colaboración institucional de distintas administracións. O Concello de Marín asume o custo íntegro dos 600 bonos, mentres que a Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, cofinancia a actividade e n campaña leva movilizados, máis de 13.000€ en vendas.

roslev