Carriola.Redacción.12.03.26
Reunida onte a comisión municipal organizadora dos actos do 4 de abril, “Día da Liberación de Marín” decidiuse por unanimidade dos asistentes que o “Premio Liberción” deste ano recaese no “Museo do Mar” polo seu antropolóxico traballo de valorción da historia mariñeira desta vila e as actividades que desenrola a cotío

Un detalle do interior do Museo do Mar de Marín
O compromiso coa difusión da identidade mariñeira e o patrimonio material e inmaterial asociado á mesma que o Museo do Mar leva a cabo desde a súa fundación en Marin, foi a principal valoración que a comisión organizadora dos actos da Liberación de Marín na data histórica do 4 de abril, tomou en conta para acordar conceder o “Pemio Liberación 2026” a dita entidade que lle será entregado o próximo día 1 de abril no Museo Torres adiantando a efemérides debido a que o 4 de abril coincide co comenzo da Semana Santa.
Segundo trascendeu do acordo, a comisión estimou como mèrito principal de Museo do Mar, “O firme compromiso coa nosa identidade mariñeira, unha recuperación paulatina e valiosa do seu patrimonio material e inmaterial, a difusión continúa dos valores asociados ás xentes do mar e unha enorme capacidade de dinamización e conexión coas novas xeracións do Museo do Mar que, desde a súa creación, vén desenvolvendo un intenso traballo orientado a preservar a historia marítima da vila, impulsando iniciativas que permiten rescatar testemuñas, documentos e obxectos vinculados ao mar”.
A comisión presidida pola alcaldesa María Ramallo con presencia da concelleira Marián Sanmartín, o portavoz do PSOE, Manuel Pazos Lamoso; o presidente da clausurada asociación ADEMAR, primeira impulsora deste evento, Manuel Alberto Torres Viqueira, entre outras persoas, estimaron como méritos especiais do Museo do Mar “A súa intensa actividade anual pois, ao longo de todo o ano, realizan actividades e impulsan iniciativas de todo tipo coas que divulgar o patrimonio material e inmaterial unido ao mar, elemento que configura a identidade da nosa vila recuperando e custodianto pezas marítimas de gran relevancia no Museo, ubicado na Rúa Concepción Arenal, 2, destacando outros mèritos como a organización anual da homenaxe ás mulleres e homes do mar na antiga dársena de chalanas do Porto e tamén a organización do III Festival Cine do Mar, unha aposta polo audiovisual co mar como telón de fondo, que ademais de chegar tamén ao público escolar, combina actividades paralelas como un showcooking con produtos do mar ou a Xuntanza Mariñeira, con exhibición de embarcacións tradicionais, así como tamén, promoven visitas a puntos de interese como as Illas de Ons, a de Tambo ou San Simón”.
Por todo iso, o xurado considera que está “sobradamente xustificado que unha asociación tan activa como a do Museo do Mar sexa recoñecida a través dun premio que precisamente busca por en valor a aqueles que realizan un traballo esencial a nivel cultural, educativo, científico e investigador, incrementando o patrimonio cultural do municipio”.
Conmemoración do Día da Liberación e acto de entrega do premio
Está previsto que os actos de conmemoración do Día da Liberación, que se celebra o 4 de abril para lembrar a fazaña de Juan Gago de Mendoza e as Alarmas do Morrazo reconquistando as nosas costas das tropas invasoras francesas, se celebren o luns , xa que a propia efemérides coincide co Sábado Santo.
Farase a tradicional ofrenda floral diante do monolito ubicado en Serafín Tubío e despois procederase ao acto institucional de entrega do Premio no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres como é tradicional coa

lectura da semblanza do feito histórico que correrá, nesta ocasión, a cargo de José Iglesias, coñecedor en profundidade do episodio da liberación do pobo de Marín por Gago de Mendoza e as Alarmas do Morrazo.