Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Anxos Fazáns, Nati Juncal e Gaspar Broullón forman o xurado da terceira edición do “Festival do Cine do Mar”

Carriola.MdM.13.03.26

julio@carriola.es   

O III Festival Cine do Mar, que se celebrará en Marín do 20 ao 26 de abril, contará cun xurado formado por tres destacados cineastas: Anxos Fazáns, Nati Juncal Portas e Gaspar Broullón, cuxas traxectorias abranguen dirección, guión, produción, montaxe e docencia no ámbito cinematográfico.

Anxos Fazáns desenvolveu unha carreira ligada ao cinema independente galego. A súa primeira longametraxe, A estación violenta (2017), percorreu festivais internacionais como Sevilla, BAFICI ou SANFIC e obtivo 8 candidaturas nos Mestre Mateo. Tamén as súas últimas curtametraxes formaron parte de diversos festivais: Habitar (2023) e Analóxica (2019). Ademais do seu traballo como directora e guionista, participa na produción de proxectos doutros directores desde a produtora Sétima, que fundou xunto a Silvia Fuentes. Na actualidade está a distribuír a súa segunda longametraxe, As liñas descontinuas, que ten 11 nominacións nos Mestre Mateo 2026, entre outras, na categoría de mellor filme, mellor dirección e mellor guión orixinal.

A produtora Nati Juncal é cofundadora de Cósmica Producións xunto á directora Sonia Méndez, onde se encarga da produción executiva e dirección de produción dos proxectos. Desde esta produtora impulsou proxectos como: Antes de perder (2019), Mestre Mateo á mellor webserie de 2020; A poeta analfabeta (2020); O neno sardiña (2022); e As Neves (2025), que obtivo 3 premios Mestre Mateo, entre eles o de Mellor Longametraxe. Ao longo da súa carreira traballou tamén como directora de produción en filmes como Lúa Vermella (2020), Matria (2022), A foreign song (2023), Prefiro condenarme (2024) e As liñas descontinuas (2025). É delegada do CIMA en Galicia e membro da xunta directiva da AGAPI. En 2024 foi recoñecida por Variety como unha das dez produtoras españolas emerxentes e recibiu o Premio Mestre Mateo á Mellor Dirección de Produción por Matria. En 2025, recibiu o Premio Mulleres no Foco organizado por CIMA e a Deputación de Pontevedra.

Pola súa parte, Gaspar Broullón é realizador, editor e produtor audiovisual, ademais de profesor asociado de Dirección e Realización Audiovisual na USC. Gañador de 4 premios Mestre Mateo á mellor montaxe polo seu traballo nas series Hierro e Rapa (Movistar+), a súa traxectoria como montador desenvólvese no campo da ficción e o documental. Como realizador dirixiu diferentes programas de televisión, entre os que destaca Deportes Imposibles, para AMC, que lle valeu o Mestre Mateo á mellor realización. É cofundador da produtora Ollo Vivo xunto aos cineastas Pepe Coira e Jorge Coira, desde onde produciu longametraxes de ficción como O Corpo Aberto (2022) ou Eroski-Paraíso (2019) e documentais como Beiras.Vivir2Veces (2021) ou Chichi e máis eu (2024).

Así pois, a elección do xurado desta terceira edición pretende visibilizar tanto as mulleres cineastas, coa presenza maioritaria feminina, como o talento local (Anxos Fazáns e Gaspar Broullón son naturais de Marín), aportando, desta maneira, referentes á sociedade en xeral e especialmente ás novas xeracións. Coa presenza destes tres profesionais, o Festival Cine do Mar reforza o seu compromiso cun xurado plural e representativo do talento audiovisual galego, que será o encargado de valorar as obras participantes nesta edición.

roslev