Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG lamenta o voto en contra do PP a pedir á Xunta un “Plan Integral para Castiñeiras”

Carriola.BNG.17.03.26

julio@carriola.es    

Lucía Santos Omil critica que o PP rexeitase a moción do BNG para impulsar un plan supramunicipal para Castiñeiras e advirte de que o chamado “Plan Director” da Deputación, limítase a actuacións puntuais que non garanten unha conservación real do espazo natural, polo que reclama que sexa a Xunta quen lidere un proxecto integral capaz de coordinar administracións e asegurar recursos para protexer o seu valor ambiental e patrimonial

Lucía Santos Omil

O Bloque Nacionalista Galego  (BNG) lamenta que o goberno local do Partido Popular (PP) votase en contra da moción presentada no pasado pleno, celebrado o 12 de marzo, pola formación nacionalista para instar á Xunta de Galiza a liderar un plan supramunicipal de conservación, protección e posta en valor do espazo natural de Castiñeiras, un dos enclaves ambientais máis importantes do Morrazo.

Dende a formación nacionalista lembran que durante máis dunha década diferentes colectivos e comunidades de montes veñen reclamando actuacións básicas como o mantemento da lagoa, a mellora da sinalización, o coidado da masa forestal ou a posta en valor do patrimonio arqueolóxico existente na zona, onde se atopan mámoas e petróglifos declarados Ben de Interese Cultural.

A iniciativa presentada polo BNG non cuestiona nin resta valor ás actuacións que se viñeron realizando, nin tampouco aos proxectos sociais que se desenvolven no espazo, como o proxecto da Fundación Xoan XXIII, que consideran positivo”, manifestou Lucía Santos a portavoz municipal. Porén, sinala que o mantemento e a conservación de Castiñeiras non pode depender unicamente de actuacións illadas ou de iniciativas concretas, senón que precisan dun proxecto integral e dun compromiso firme da Xunta.

O BNG cuestiona ademais que o chamado “Plan Director” anunciado polo PP poida considerarse como tal, xa que polo momento limítase a actuacións de mantemento e asesoramento fitosanitario das árbores. Para a formación nacionalista, trátase dunha iniciativa positiva pero moi afastada do que debería ser unha planificación global para a conservación, protección e posta en valor de todo o espazo natural.

A organización nacionalista tamén aclara que a coordinación deste plan non pode recaer na Deputación de Pontevedra, como teñen suxerido tanto o PP como o PSOE. Castiñeiras é un espazo natural de carácter supramunicipal no que conflúen competencias ambientais, forestais e de patrimonio que corresponden á Xunta de Galiza, polo que consideran que debe ser a Xunta quen asuma o liderado dun plan global capaz de coordinar ás distintas administracións e entidades implicadas.

Para o BNG resulta incomprensible que o PP se opoña a unha proposta que busca sumar esforzos entre institucións e garantir os recursos necesarios para recuperar e protexer un dos espazos naturais máis emblemáticos do Morrazo.

 

roslev