Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de trazado da senda entre Cadro e Cadrelo por máis de 710.000 euros

Carriola.Consll.Infraestructuras.20.03.26

julio@carriola.es    

A Xunta publicou esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para a construción dunha senda na PO-313, no treito que comunica Cadro e  Cadrelo, no concello de Marín.

Tratase de construír un novo itinerario peonil e ciclista na marxe esquerda da vía, de preto de 1 quilómetro de lonxitude, cuxas obras suporán un investimento total de algo máis de 712.000 euros.

A obra deste novo itinerario, que se desenvolverá entre os puntos quilométricos 4+120 e 5+035, incluirá tamén as actuacións complementarias necesarias, nas que se inclúe a execución de elementos de drenaxe e estruturas de contención e sostemento de noiros, dentro do termo municipal de Marín.

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico no Consello da Xunta do pasado día 9 de marzo, implica tamén a declaración de utilidade pública da actuación. O obxectivo da Xunta é realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións no segundo trimestre, para  licitar as obras para a súa execución tamén neste mesmo ano.

O proxecto

A través desta intervención, o departamento que dirixe María M. Allegue, proponse habilitar un novo itinerario cunha lonxitude de entre 1,80 metros e os 2,22 metros (2 metros de senda e 22 centímetros de bordo), reducindo o mínimo permitido onde sexa necesario para evitar afectar construcións existentes: muros, galpóns ou peches.

No que respecta aos carrís de circulación, manteranse cun largo de 3,50 m, con beiravías entre 0,5 e 1,1 m, ampliándose este en zonas puntuais ata os 1,1 m, onde o trazado así o permita.

Tamén, como consecuencia da execución da senda peonil e ciclista, executaranse obras complementarias o que fará preciso repoñer o firme da PO-313.

Prevese, ademais, un sistema de evacuación das augas de escorrega superficial conformado por unha rede de tubaxes e sumidoiros, que verterán os caudais recollidos cara aos puntos de vertedura existentes.

Así mesmo, incluiranse obras complementarias no treito de actuación, para garantir a funcionalidade da senda, como a instalación dunha parada de autobús na contorna do punto quilométrico 0+700, ou a execución de varios treitos de varanda urbana ao longo do percorrido da senda peonil e ciclista.

As actuacións previstas no proxecto poderán contar con financiamento europeo a través do programa operativo Feder 21/27. O prazo de execución das obras é de 12 meses.

A Xunta con esta nova senda na PO-313,  segue a avanzar no obxectivo mellorar a seguridade viaria e contribuír á consolidación dunha rede de mobilidade sustentable e integrada no contorno, dando continuidade funcional e formal ás sendas xa executadas de Coirados – Pardavila e Pardavila – Cadro, con financiamento dos programas FEDER 14/20 e FEDER React.

roslev