Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Almuinha” organiza en Marín unha charla sobre a nova ofensiva imperialista e a situación xeopolítica internacional.

 Carriola.Almuinha.25.03.26

julio@carriola.es   

A Asociación Cultural Almuinha organiza este xoves, ás 20.00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, a charla titulada “A nova orde mundial: ofensiva imperialista”, unha actividade que pretende ofrecer unha análise crítica da actual situación xeopolítica internacional.

O acto contará coa participación do analista internacional

Duarte Correa, quen abordará as transformacións que se están a producir no escenario global, cun especial foco no papel que están a desempeñar os Estados Unidos nas dinámicas actuais de desestabilización política, económica e militar en diferentes rexións do mundo. A charla pretende contribuír á reflexión colectiva sobre os cambios que se están a producir na orde internacional e as súas consecuencias sobre os pobos e territorios.

A actividade enmárcase na liña de traballo da Asociación Cultural Almuinha, que aposta por promover espazos de debate e pensamento crítico; neste caso arredor dun contexto internacional marcado por conflitos armados, tensións diplomáticas e unha crecente militarización das relacións internacionais.

Duarte Correa é profesor de Xeografía e Historia e analista internacional, con ampla experiencia en divulgación e análise de conflitos contemporáneos. Nos últimos anos participou en diferentes conferencias e encontros en Galicia centrados en cuestións como o conflito entre Israel e Palestina ou o papel das grandes potencias na política global, achegando claves interpretativas sobre a evolución dos escenarios internacionais e o posicionamento das principais potencias mundiais.

Desde a Asociación Cultural Almuinha queremos destacar que esta charla busca ofrecer unha visión crítica e documentada da realidade internacional, dirixida a un público amplo interesado en comprender mellor as dinámicas xeopolíticas actuais e as súas implicacións sociais e políticas.

A entrada será libre ata completar capacidade. O acto terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín este xoves, ás 20.00 horas.

roslev