Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O IES Chan do Monte rexistra un acto de promoción da nova aplicación de mobilidade MoBT para pagar o bus co móbil

Carriola. CdeM. 22.04.26

julio@carriola.es

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, participou onte nunha xornada de promoción da nova Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 MoBT no IES Chan do Monte, evento, dirixido ao alumnado no que tamén estiveron presentes a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey. Esta iniciativa ten como obxectivo achegar ás xeracións máis novas unha ferramenta que facilita o uso do transporte público a través da tecnoloxía. A aplicación MoBT xa está operativa na área do Morrazo e permite aos usuarios pagar o autobús directamente co teléfono móbil, eliminando a necesidade de levar tarxetas físicas ou de realizar recargas en caixeiros bancarios, como se facía ata agora.

Durante o encontro, María Ramallo destacou a importancia de dar facilidades a unha xeración totalmente dixitalizada e que utiliza moito o autobús. Pola súa banda, os representantes da Xunta explicaron que a plataforma permite xestionar un moedeiro virtual e consultar o saldo en tempo real. Ademais, a aplicación, dispoñible para dispositivos Android e Apple, inclúe un buscador avanzado para planificar desprazamentos multimodais e a opción de reservar servizos baixo demanda.

roslev