Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello de Marín convoca tres prazas de peón para reforzar a Brigada de Obras Municipal

Carriola.Concello.25.04.26

julio@carriola.es    

O Concello de Marín anunciou a apertura do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de peón, co obxectivo de fortalecer o cadro de persoal da Brigada de Obras do municipio mediante o sistema de oposición.

Non é preciso estar en posesión de ningunha titulación académica para participar, facilitando así o acceso ao emprego público a un maior número de cidadáns. Os aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os supostos de acceso paranacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas da praza.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega (nivel Celga 2 ou equivalente)ou superar unha proba específica.

Proceso de selección

A oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  • Exame de coñecementos: Un cuestionario por escrito de 5 preguntascurtas sobre o temario xeral.
  • Caso práctico: Realización de tarefas ou resolución de supostosrelacionados coas funcións da categoría.
  • Proba de galego: Tradución dun texto para aqueles que non acrediten otítulo Celga 2

Prazo e presentación de solicitudes

Os interesados disporán dun prazo de 20 días hábiles para presentar a súa solicitude, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

As solicitudes deberán tramitarse preferentemente de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello de Marín.

Temario para o proceso

  1. Parte xeral:
  2. A Constitución española de 1978. Significado, caracteres e estrutura. Principiosxerais.
  3. O municipio: concepto, elementos e competencias.
  4. A organización política do concello: o alcalde, a Xunta de Goberno Local e oPleno.
  5. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime disciplinario dosfuncionarios locais.
  6. Parte específica:
  7. Conservación e mantemento de edificios públicos: reparacións de mobiliario,eléctricas, de fontanería, de instalacións, de xardinería de carpintería.
  8. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiaisutilizados.
  9. Saneamentos: elementos constitutivos da rede, arquetas, tubos, etc. Tipos ecaracterísticas construtivas. Rede de sumidoiros. Pozos. Arquetas sifónicas.Sumidoiros. Pendente de canalizacións horizontais.
  10. Redes de abastecemento de auga. Funcionamento e mantemento. Fontaneríainterior.
  11. Ferramentas básicas e equipos empregados por un operario de servizosmúltiples.
  12. Clases de morteiro que se utilizan na construción: azulexado, soleira, recebo,crecido de muros, lucido, tellas, soleiras de cubertas.
  13. Rozadoiras mecánicas: tipos e características das partes en que se compoñen.Cabezais de roza. Operacións de conservación periódicas.
  14. Muros de cachotería. Muros de ladrillo
  15. Cubertas. Pavimentos e baldosas.
  16. Normas de seguridade e hixiene que se terán en conta na execución detraballos polas brigadas municipais. Prevención de riscos laborais.
roslev