Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín afronta a semana “Vila de Letras” co gallo da celebración do 17 de maio Día das Letras galegas

Carriola.CdM/Redac.10.05.26

julio@carriola.es     

O Concello lanza a programación completa do evento literario, no que estarán David Gago, Pedro Feijoo, Alba Tomé, Olaia Sendón e María Solar. Haberá obradoiros e contacontos centrados na figura de Begoña Caamaño e incluirase a entrega do XXIII Premio de Poesía.

O Concello de Marín presenta unha nova edición da Vila das Letras, un evento que entre o 14 e o 17 de maio converterá á vila nun fervedoiro de creatividade, literatura e posta en valor da nosa lingua. Cunha programación deseñada para todos os públicos, a cita contará con diversas voces da narrativa galega actual, obradoiros de creación e diversas actividades de dinamización cultural.

Programa de actos e actividades

A programación da “Vila de Letras” dará comenzo o xoves día 14 e sucederánse os actoa ata culminar no domingo 17, Día das Letras Galegas no que se entregará o “Premio de Poesía Concello de Marín”, co seguinte calendario:

* Xoves, 14 de maio: Apertura cos centros escolares

A programación arrincará na Finca de Briz cunha actividade organizada polos centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo baixo o título “Versos que florecen”, que contará coa actuación do Grupo Armadanzas.

* Venres, 15 de maio: O thriller e a identidade local

A Alameda será o epicentro da tarde do venres coas seguintes propostas:

  • 18.00h. O contacontos infantil Anxo Moure abrirá a xornada con “O Carballo con Botas”.
  • 19.00h. O escritor marinense David Gago conversará con Miguel González nun percorrido polos seus dez libros. Gago é un autor fundamental na cultura local, impulsor da asociación DeLetrea e creador da saga de ficción ElDiario de Ertélion. A súa última novela, La morgue flotante, desprázase cara a novela de misterio.
  • 20.00h. Pedro Feijoo falará co xornalista Ramón Mella sobre a súa traxectoria, onde Galicia serve como inspiración narrativa. Feijoo, recoñecido autor de thrillers de éxito como Os fillos do mar e gañador do Premio Xerais 2023, presentará o seu universo creativo marcado por atmosferas inquietantes e o seu traballo máis recente, Donde nacen las bestias.
  • 21.00h. A xornada pechará coa música tradicional de Saljariteiros.

* Sábado, 16 de maio: Obradoiros e novas voces da narrativa

O sábado destaca pola diversidade de espazos e actividades formativas:

  • Escrita creativa: Elena Gallego Abad impartirá o obradoiro “Rachando titulares na era da desinformación”, baseado na obra e no traballo xornalístico de Begoña Caamaño, en dúas sesións (de 10.00h a 12.00h e de 16.00h a 18.00h) no Museo Torres. É preciso inscribirse previamente a través do mail alcaldia@concellodemarin.es indicando nome, apelidos e idade.
  • Infantil e familiar: A mañá incluirá o obradoiro “Fai a túa páxina de papel” con Eulogio Rosales (11.00h) e o contacontos “A tecedora de historias” de Suricata Teatro (12.00h) na Biblioteca Vidal Pazos.
  • Presentacións literarias: 12.00h. Alba Tomé presentará As humidades, obra finalista do Premio Illa Nova que explora a violencia invisible e o pasado familiar.

13.00h. Olaia Sendón achegará o seu proxecto Tras da mirada de José Suárez, acompañado da instalación “Perpetuando”, no que as persoas que se acheguen poderán recrear as fotografías máis coñecidas do artista galego sobre o que falará a autora.

18.00h. Claudia Prado realizará o contacontos e obradoiro de La vida que se da. Para o obradoiro, pensado para nenos e nenas a partir de 4 anos, será imprescindible estar acompañado dun adulto e inscribirse in situ 15 mins antes do inicio da actividade.

19.00h. María Solar presentará a súa novela As malas ideas. Solar, periodista e coordinadora de Cultura da CRTVG, é unha das autoras máis queridas e premiadas de Galicia, galardoada co Premio Xerais de Novela 2022 por A culpa. Estará acompañada por Elena Gallego.

  • 20.30h. Peche musical con Nelson Quinteiro na Alameda.

* Domingo, 17 de maio: Día das Letras Galegas

A gran festa da nosa lingua completarase con actividades durante todo o día:

  • De 11.00h a 20.00h, feira do libro usado “Unha dorna de libros, un mar de ilusión” organizada polas Mulleres Intercambio do Saber.
  • Acto Institucional: Ás 12.00h terá lugar a entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín, co recital da persoa que resulte gañadora. O xurado reúnese esta semana e o fallo darase a coñecer o 14 de maio.
  • Infantil: Obradoiro de ilustración con Chus Rojo (11.00h) e unha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno sobre a vida de Begoña (12.30h), onde se repartirán exemplares de Begoñísima da autora local Andrea Nunes Brión.
  • Remate: A tarde contará co contacontos “As letras que voan con nome de muller” de Trémola Teatro (18.00h) e o concerto da Banda de Música de Marín, cun peche tradicional de queimada.

 

roslev