Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O sábado volverá ao Parque Eguren o “Mercado 3R”, penúltimo da temporada, organizado pola ANPA do Sequelo

Carriola.Redacción.21.05.26

julio@carriola.es     

O vindeiro sabado  23 vai ter lugar a penúltima das edicions deste ciclo do mercado3r no parque Eguren de Marín o que os actuais membros da directiva da ANPA Sequelo encaran a súa recta final coa intención de pasar o testemuño deste maravilloso proxecto aos que virán.

Esta edición do mercado faise pensando no relevo neste eido que parece estar ainda en entredito xa que a organización do mercado require de tempo e esforzo e de moitas mans para levalo a cabo, e non sempre se pode dispoñer delas. A actal ANPA, con esta , conta 11 as edicions as suas costas e teñen intención de cubrir unha derradeira en xuño a espera de saber quen poderá dar a continuidade a un proxecto que valoran  como fantástico por moitos motivos.
Mais alá  do evidente das súas 3R. REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.  a comunidade educativa do Sequelo salienta que o proxecto formou este curso parte do plan de convivencia do centro,  axudou a financiar excursions e actividades dos rapaces. Puxo en valor o traballo, a dedicación e o esforzo das familias e sobre todo dos implicados vendedores que a súa  temprana idade aprenderon a atender os clientes, montar e defender o posto, trocar os cartos, negociar os prezos, dar valor as suas cousas e a ter a capacidade de desprenderse de aquelas que xa non utilizan.
Ademais canda eles se reunen outras persoas  e asociacions interesadas no proxecto que xa forman a través  do seu grupo de WhatsApp unha comunidade capaz de dar resposta cando se lles convida a algunha actividade como foron os eventos do segundo premio e o tinglado de Pontevedra  ou mais recentemente o III Festival  das Letras.
Esperemos que esta actividade tan completa non esmoreza neste ciclo e poidamos perpetuar en Marin un referente educativo e de sostibilidade coma este. Namentres non perdades a oportunidade de acudir este Sábado o Eguren de 11 a 13:30 e disfrutar desta edición.

roslev